1-3. O Pontevedra gaña con claridade o derbi en Bouzas

A eficacia na primeira parte foi determinante para o conxunto granate

Celebración dun dos goles do Pontevedra en Bouzas. RAFA FARIÑA
photo_camera Celebración dun dos goles do Pontevedra en Bouzas. RAFA FARIÑA

O Pontevedra Club de Fútbol derrotou con claridade o Rápido de Bouzas no Baltasar Pujales grazas á súa eficacia na primeira metade. 

Despois dun tempo de aclimatación ao terreo de xogo, os granates adiantáronse mediante un cabezazo de Romay nun saque de Javi López desde o curruncho. 

A loita impúxose á estética durante os 90 minutos, pero aínda así o bloque de Luismi tivo momentos de brillantez co esférico, sobre todo no segundo gol. Unha combinación perfecta acaba cun balón profundo de Javi López para a ruptura de Kevin, que centrou desde a liña de fondo e atopou só a Arruabarrena, que cabeceou o 0-2.

Pouco tempo despois, Javi López sentenciou cun lanzamento de falta desde o borde da área que entrou pola escadra. 

Na segunda metade, con vento a favor, o Bouzas intentou reaccionar e dispuxo de ocasións para reducir as distancias. 

Logrouno de penalti por medio de Diz, pero en ningún momento foi quen de incomodar ao Pontevedra, que controlou o xogo ata o remate do envite

Más en Deporte Local Pontevedra
Comentarios