2-0. O Pontevedra volve ao camiño da vitoria

Os goles a balón parado de Campillo e Berrocal deixaron os tres puntos en Pasarón

Celebración del segundo gol del Pontevedra. RAFA FARIÑA
photo_camera Berrocal festexa o seu gol. RAFA FARIÑA

O Pontevedra derrotou ao Navalcarnero e racha coa serie de dous partidos sen gañar. Os goles de Campillo e Berrocal en cadansúa acción a balón parado serviron para que os granates se fixesen co triunfo (2-0).

Na primeira parte, o once de Luismi aproveitou as facilidades defensivas concedidas polo seu rival para xerar claras ocasións de gol. Álex González e Javi Pazos desaproveitaron dous remates claros antes de que Campillo adiantase aos da cidade do Lerez no minuto nove nun grave erro visitante na marcaxe dunha falta lanzada por Álex González.

A raíz do gol o Navalcarnero estirouse e o partido entrou nunha fase de intercambio de golpes que concluíu con ocasións claras nas dúas porterías, pero sen máis tantos antes do descanso.

Na segunda metade o Navalcarnero intentou reducir distancias, fixose co control do xogo e probou fortuna con disparos exteriores. Sen embargo, o Pontevedra sentenciou o envite ao cuarto de hora da reanudación por medio de Berrocal.

A pesar da insistencia visitante na media hora restante, o marcador non se movería e os puntos quedarían en Pasarón.

Más en Deporte Local Pontevedra
Comentarios