2-1. Tres puntos de ouro para o Pontevedra

Un gol de Rivera nos últimos minutos permitiulle os pontevedreses lograr o triunfo contra o Guijuelo por 2-1
 

O equipo granate adiantouse na primeira parte cun gol en propia meta de Jesús Muñoz tras un centro de Romay.

Foi ao cuarto de hora de partido. Desde ese momento o Guijuelo foi superior, xerou perigo en ataques organizados e no balón parado e puido igualar en diferentes situacións. Non o logrou na primeira metade, pero si despois do descanso nunha gran xogada colectiva que acabou con centro de Raúl Ruiz e remate en propia porta de Nacho López.

O Pontevedra tomou a iniciativa a partir dese momento, pero sen excesivo perigo. A aparición de Pibe foi determinante. O cambadés forzou a expulsión de Razvan en dúas accións sancionadas con cartón amarelo e iso permitiulle ao cadro granate acurralar ao rival e marcar no minuto 84,  nun centro de Borja Domínguez que cabeceou Rivera ao fondo da rede para darlle tres puntos de ouro ao cadro de Luismi.