2-2. O Pontevedra rescata un punto ante a Ponferradina

Darío Flores empatou a cinco minutos do final para sumar un punto insuficiente para saír dos postos de descenso

Darío Flores celebra el gol del empate del Pontevedra. JAVIER CERVERA
photo_camera Darío Flores celebra el gol del empate del Pontevedra. JAVIER CERVERA

O Pontevedra conseguiu un empate (2-2) contra a Ponferradina que se antolla insuficiente para os intereses do equipo granate de acadar a permanencia.  O equipo de Luismi igualou en dúas ocasións un marcador adverso. 

Despois de sacudirse o dominio inicial dos visitantes e de dispoñer das primeiras ocasións de gol, o Pontevedra víase sorprendido polo seu rival nunha gran xogada colectiva tras unha contra que finalizou cun dentro de Donoso desde a dereita que rematou Yuri no segundo pao batendo a pracer a Edu.  Era o minuto 37 de partido. 

O Pontevedra igualou pouco antes do descanso nun saque desde o curruncho que finalizou David Castro a gol tras un primeiro remate de Kevin Presa .

Na segunda parte, o Pontevedra empezou coa iniciativa, pero encaixaou o 1-2 no momento no que máis dominaba, nun corner que rematou en dous tempos Cidoncha, no minuto 56.

A Ponferradina puido golear á contra, pero errou moitas ocasións e o Pontevedra aproveitouno para equilibrar o marcador nun remate de Darío noutro saque desde o curruncho. A igualada mantén ao bloque pontevedrés en postos de descenso.

FICHA TÉCNICA
2.- Pontevedra CF: Edu Sousa, Marcos Álvarez, David Castro, Darío Flores, Álex Fernández, Jesús Barbeito, Lezcano (Añón, min 60), Kevin (Prosi, min 66), Eder, Jorge Hernández (Mouriño, min 74) e Álex González. 
2.- Ponferradina: Mandaluniz, Fernando Román, Ríos Reina, Jon García, Saúl, Menudo (Matthieu, min 77), Guille Donoso, Andy, Cidoncha, Yuri e Díaz (Isi, min 86). 
Goles: 0-1, Yuri (min 38); 1-1, Castro (min 44); 1-2, Cidoncha (min 56); 2-2, Darío Flores (min 85).
Árbitro: Carralero Calvo (colexio madrileño). Amosou cartolinas a Marcos, Jorge e Menudo.
 

Más en Deporte Local Pontevedra
Comentarios