3-0. O Pontevedra perde en Madrid na última media hora

O primeiro gol do rival na segunda metade provocou que os granates se viñeran abaixo

Mouriño durante el partido de pretemporada contra el Lugo. DAVID FREIRE
photo_camera Mouriño, durante el partido de pretemporada contra el Lugo. DAVID FREIRE

O Pontevedra caeu goleado contra o Internacional do Madrid nun partido que se lle escapou na última media hora de xogo (3-0).

O equipo granate dominou a primeira parte, na que conservou a posesión do esférico e mesmo tivo algunha aproximación perigosa para adiantarse no tanteador por medio de Berrocal e Javi López, que se toparon con Miguel Ángel.

O conxunto pontevedrés tamén se encomendou a Edu Sousa para evitar que o Internacional marcase se falta.

Na segunda metade, o Pontevedra comezou con enerxía e dispuxo de dúas oportunidades moi claras para marcar, unha delas un lanzamento de falta desde a frontal de Mouriño que sacou Miguel Ángel na liña de gol.

Antes do cuarto de hora da segunda metade, o Inter adiantouse mediante un penalti que Rubén Ramos transformou enganando a Edu.

O Pontevedra veuse abaixo despois do gol. E ainda que dispuxo dalgunha chegada máis, as mellores accións foron do Inter.

O partido abriuse e no intercambio de golpes, os madrileños lograron o segundo gol por medio de Rafa Mella, nun disparo que petou nun defensa e despistou a Edu.

Co cadro granate descomposto no último cuarto de hora Pina sentenciou nun remate tras un córner.

Comentarios