3-0. O Pontevedra toma aire e afunde o Racing de Ferrol

Jorge Hernández, Álex González e Iván Martín marcaron los goles de los granates

Iván Martín celebra el tercer gol de Pontevedra ante el Rácing. JAVIER CERVERA
photo_camera Iván Martín celebra el tercer gol de Pontevedra ante el Rácing. JAVIER CERVERA

O Pontevedra Club de Fútbol derrotou o Racing de Ferrol (3-0) nun partido vital para os intereses de ámbolos dous equipos na pelexa por evitar o descenso.

O equipo granate realizou unha gran primeira metade na que anulou coa súa presión ao bloque departamental. Froito do seu dominio territorial e do triunfo en tódalas disputas, o bloque de Luismi acabou poñendose por diante no marcador cun gol de Jorge Hernández, mediante un lanzamento raso e axustado desde a frontal. 

Á media hora, Álex González cazou un balón despexado por Nano ao borde da área e lanzou un trallazo que superou a Mackay. 

Nada máis regresar dos vestiarios,  os granates ampliaron a súa conta goleadora nunha transición levada por Álex González na que Jorge acabou asistindo a Iván Martín. 

Co 3-0 o Racing reaccionou,  tirou un balón ao poste, forzou un penalti que detivo Edu e dispuxo de varias chegadas á área que se saldaron sen consecuencias para o PCF. Finalmente os puntos quedaron en Pontevedra, de modo que o cadro de Pasarón segue fóra da zona de descenso
 

Comentarios