O Pontevedra Club de Fútbol perdeu con claridade (3-0) contra o Real Madrid Castilla e caeu á posición de promoción pola permanencia de Segunda B.
O equipo granate viuse por debaixo no marcador no minuto 27 despois dun penalti que só viu o árbitro e que transformou Dani Gómez.
Despois do descanso o cadro madrileño ampliou a súa vantaxe por mediación de Reguilón á saída dun córner mal defendido pola zaga pontevedresa.
Antes do cuarto de hora da reanudación, o filial sentenciou cunha falta directa transformada por Óscar na que Edu estivo desafortunado.
O once de Luismi non tivo resposta unha vez que se viu co marcador en contra, despois dun bo inicio a nivel defensivo.
►Lea a crónica completa coa edición en papel de Diario de Pontevedra deste luns◄