O Pontevedra Club de Fútbol chegou a un acordo con Adrián León para prolongar o contrato durante unha temporada máis.
O centrocampista cántabro vestirá a elástica granate por segundo curso.
León é o sexto futbolista do cadro pontevedrés que confirma a súa continuidade no club, despois de Mouriño, Álex Fernández, Edu Sousa, David Castro e Álex González.