viernes. 28.02.2020 |
El tiempo
viernes. 28.02.2020
El tiempo

ANÉCDOTAS

Da estraña 'fuxida' de Ariel Montenegro á expulsión precoz de Charles

Algúns dos xogadores estranxeiros que pasaron polo Pontevedra CF neste século deixaron unha pegada especial entre a afección, en ocasións por motivos alleos ao fútbol

O debut de Charles

Charles

Chegou con 19 anos ao PCF, na campaña 2004-05. Debutou contra o Poli Ejido e expulsárono aos catro minutos de saír ao céspede. Estivo seis ano no club, ata ser un dos seus homes máis queridos. É socio da entidade.

O futuro incerto de Ariel

Ariel Montenegro

Ariel Montenegro foi un dos mellores medios e tamén dos máis polémicos do século. En xaneiro de 2006 pediulle ao club saír para estar coa familia en Córdoba. Cando tivo a carta de liberdade, fichou polo Numancia de Soria.

Mannara e o árbitro

Mannara

Na Liga 2005-06 o Pontevedra perdeu en Pasarón ante o Raio no minuto 93, despois de que lle expulsaran a cinco futbolistas. Mannara dixo en rolda de prensa "al árbitro habría que matarlo", frase que deu a volta ao mundo.

Filipe, descanse en paz

Filipe Machado

Filipe Machado militou no Pontevedra no curso 2006-07. Hai tres anos faleceu no tráxico accidente do avión no que viaxaba o seu equipo, o Chapecoense de Brasil, para disputar a final da Copa Libertadores. DEP.

Marcos Renan, inédito

Marcos Renan

En xaneiro de 2009 o Pontevedra asinou a Marcos Renan, un centrocampista brasileiro que non chegou a participar en ningún partido oficial do equipo granate. Estivo catro meses na cidade do Lérez.

Da estraña 'fuxida' de Ariel Montenegro á expulsión precoz de Charles
Comentarios