Antía Chamosa acada a mínima para participar nos Xogos Olímpicos de París 2024

A atleta da Gimnástica rematou na décimo segunda posición no Gran Premio dos Cantóns da Coruña
Antía Chamosa, durante la prueba. GPCANTONES
photo_camera Antía Chamosa, durante la prueba. GPCANTONES

A pontevedresa Antía Chamosa conseguíu a mínima olímpica para participar nos Xogos Olímpicos de París 2024 nos 20 quilómetros marcha durante a disputa do Gran Premio dos Cantóns da Coruña, a proba anual máis prestixiosa da marcha mundial. 

A atleta da Gimnástica rematou na décimo segunda posición, cun rexistro de 1:29:09 que supón unha nova plusmarca galega absoluta da distancia, que lle abre as portas para o Campionato de Europa e lle permite manter vivas as súas opcións de estar en París.

A proba foi vencida pola peruana Kimberly García. A mellor española foi Laura García Caro, quinta co rexistro que a coloca no segundo lugar do ranking español de sempre.

A dificultade do reto de Chamosa segue a ser moi grande, xa que España ten cinco atletas coa mínima para pelexar por tres prazas individuais e dúas nos equipos de remudas (poden dobrar proba). Desas tres prazas, a da campioa de España, Cristina Montesinos, e a campioa do mundo, María Pérez, están xa outorgadas.

Ademais, Daniel Chamosa realizou a súa mellor proba dunha tempada moi complicada, por diferentes problemas físicos, e rematou cun rexistro de 1:20:19, que o deixou a 9 segundos da mínima olímpica e lle permitiu bater con amplitude o récord galego da distancia

Comentarios