Antía Chamosa e Carmen Escariz, convocadas para o Campionato de de Europa por equipos

A pontevedresa e a cuntiense tomarán parte na proba dos 20 quilómetros marcha e repetirán experiencia coa selección española, na que finalmente non estará Daniel Chamosa
Antía Chamosa con la medalla de Bronce deL Nacional de 35 kilómetros marcha de 2023. GONZALO GARCÍA
photo_camera Antía Chamosa, cunha das medallas de bronce do Campionato de España. GONZALO GARCÍA

Antía Chamosa e Carmen Escariz tomarán parte no Campionato de Europa por equipos de marcha. A pontevedresa e a cuntiense foron seleccionadas pola Federación Española para formar parte do equipo de 20 quilómetros da cita de Podebrady (República Checa), que se levará a cabo o 21 de maio.

Chamosa, dobre medallista de bronce española absoluta este curso nas distancias dos 20 e 50 quilómetros, puido optar pola distancia máis curta, coa que pretende facerse un oco no Campionato do Mundo de Budapest de agosto. Será a líder dun equipo que aspira a ocupar unhas das prazas de honra do certame. Carmen Escariz, que rematou no sétimo lugar nos 20 quilómetros de Córdoba, malia uns meses de inverno moi complicados nos que estivo seriamente limitada polas lesións, tamén gañou a súa praza para acudir á cita Europea e representar por segunda vez na súa carreira deportiva a selección española absoluta. 

Completan o equipo Mar Juárez, sétima europea dos 35 quilómetros marcha no pasado 2022, e a campioa da distancia en categoría sub-23, Lucía Redondo.

En categoría masculina, o tamén pontevedrés e atleta da Sociedad Gimnástica, ao igual que súa irmá, Daniel Chamosa, non puido obter o pasaporte, a consecuencia do elevadísimo nivel da marcha en España (plagada de medallistas e finalistas en grandes campionatos internacionais) e das súas posicións tanto nos 35 coma nos 20 quilómetros, nos que pagou cun prezo moi alto cadansúa sanción por tres avisos de marcha irregular.

Galicia, ademais, contará coa presenza da prometedora competidora da Atlética Lucense Aldara Meilán, que marchará nos 10 quilómetros da categoría sub-20. 

Os equipos españois para Podebrady son os seguintes:

MULLERES
20 qm
: Antía Chamosa, Carmen Escariz, Mar Juárez e Lucía Redondo
35 qm: Raquel González, Paula Juárez, Cristina Montesinos e María Pérez
10 qm sub-20: Aldara Meilán, Sofía Santacreu e Griselda Serret
HOMES
20 qm: Alberto Amezcua, Diego García, Álvaro López e Paul McGrath
35 qm: Manuel Bermúdez, Miguel Ángel López, Álvaro Martín e Marc Tur
10 qm sub-20: Daniel Morilla, Pablo Postigo e Pablo Rodríguez

Comentarios