Antonio volve á Liga

O pasado e o futuro inmediatos chaman por el. Antonio Fernández Rivadulla volveu ao vagón do fútbol no Campo do Morrazo e agarda non baixarse del ata que remate a temporada. O pontevedrés foi un dos futbolistas máis influíntes na vitoria granate fronte ao Alondras, no primeiro triunfo visitante en Cangas no que vai de temporada e agarda repetir experiencia fronte ao primeiro equipo da súa vida, o Villalonga.

''Fixemos un bo partido fronte a un rival importante da categoría. Demos a talla, merecemos gañar'', manifesta o centrocampista, magnífico no seu retorno á titularidade a fin de semana. O plantel do Pontevedra deu un golpe na mesa, recuperou autoridade dentro da categoría, a autoestima dun conxunto gañador e a credibilidade da súa xente.

''Tivemos contra as cordas a un dos equipos que mellor fútbol fai da categoría na súa casa, onde nunca perderan. Iso debe servir para que a xente volva crer en nós''.

(Máis información na nosa edición impresa do 21 de febreiro).

Comentarios