O Arxil busca o play-off no esprint final da temporada

O equipo pontevedrés ten tres vías para asegurar a súa praza na fase do ascenso: gañar tres dos cinco partidos que lle restan, vencer o partido adiado que ten contra o Melilla ou lograr dúas vitorias máis, se unha delas é contra o Unicaja 
María Lago, del Arxil, en un choque anterior. FREIRE (ARCHIVO)
photo_camera María Lago, do Arxil, nun choque desta temporada. DAVID FREIRE (ARQUIVO)

O Arxil busca no final de temporada unha praza na fase de ascenso a Liga Feminina Challenge, a segunda categoría do baloncesto nacional. Un complicado calendario porá a proba a resistencia da escadra preparada por Maite Méndez na súa batalla polo ascenso.

Tres triunfos nos cinco enfrontamentos que lle restan ao equipo pontevedrés significarían a súa clasificación automática para a fase definitiva. 

Actualmente o Arxil ocupa a terceira praza do grupo A, cun balanzo de 16 vitorias e cinco derrotas, a un triunfo dos dous primeiros clasificados, o Vega Lagunera Adareva Tenerife e o líder Almería (que gañou a pasada fin de semana en Pontevedra, na prórroga). Ten ademais unha vantaxe de catro triunfos sobre o quinto clasificado, o Melilla La Salle, a súa principal ameaza para lograr o seu obxectivo de meterse entre os mellores.

Restan catro xornadas para rematar a competición. O bloque verde precisa ficar entre os catro primeiros clasificados para garantir a súa presenza na loita polo salto de categoría. Pero hai partidos adiados: un deles, entre o propio Arxil e o Melilla que deberá disputarse na cidade autónoma. O Melilla, ademais, conta con outro duelo pendente. É dicir, ao Arxil réstanlle cinco e ao seu rival na loita por estar entre os mellores, seis.

O conxunto verde ten catro partidos de vantaxe sobre o Melilla, que ten dous partidos adiados e un calendario máis favorable cás verdes

Se as pontevedresas vencen contra o equipo mediterráneo no choque adiado entrámbolos dous, tería garantido o seu pasaporte sen necesidade de gañar ningún duelo máis dos outros catro: acumularía unha marxe de cinco triunfos máis o coeficiente particular con respecto á escadra melillense.

O partido levarase a cabo o venres 1 de abril na Cidade Autónoma. Semella que a situación do bloque pontevedrés é moi sobrada, pero non é tal, xa que o Melilla conta cun calendario moi favorable, no que non se mide a rivais directos pola fase de ascenso e é o equipo máis en forma da competición, con oito vitorias consecutivas. Só a visita ao Barakaldo, outro dos adversarios que matematicamente aínda podería atrapar ao Arxil, resulta inquedante para o La Salle Melilla.

O calendario das de Maite Méndez é o máis complicado. Xoga a fin de semana contra o Maristas na Coruña, despois recibe ao Unicaja, cuarto clasificado; viaxa a Córdoba para xogar contra o equipo andaluz e pecha a temporada na casa contra o Adareva, actual segundo posto.

Se vence contra o Unicaja e outro duelo máis, tamén tería o seu posto entre as mellores, ao ser inalcanzable para o Unicaja.

Comentarios