Brent Calhoun deixa o Marín Peixegalego

Problemas persoais provacaron que o pivote estadounidense decidise abandonar o club

Brent Calhoun. DP
photo_camera Brent Calhoun. DP

Brent Calhoun deixou de ser xogador do Marín Peixegalego. Problemas persoais provocaron que o pivote estadounidense decidise facer unha paréntese na súa carreira deportiva. 

O xogador non regresou desde Estados Unidos nas vacacións de Nadal e comunicoulle o luns a última hora do día a súa decisión ao club de Marín. O norteamericano xa non xogou o domingo en A Coruña. 

A baixa de Calhoun condiciona de modo importante o xogo interior do equipo de Llorente, que terá que afinar para realizar a contratación dun cinco de garantías que lle permita competir polo ascenso a LEB Prata. 

PRÓXIMO PARTIDO NO CGTD. Por outra parte, o cadro de Marín deberá xogar o próximo partido no Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) por mor das obras que se levan a cabo no pavillón da Raña. Os problemas de instalacións impedironlle desenvolver adestramentos cun mínimo de calidade ao equipo desde que retornou do parón do Nadal.