Brillo pontevedrés na clausura

O Campionato de España de Natación máster péchase no Complexo Deportivo Rías do Sur con tres metais máis para os nadadores do CN Galaico, por medio de Sergio Bethencourt, Telmo Calle e Teresa Celemín
Proba da última xornada disputada no Complexo Deportivo Rías do Sur. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera Proba da última xornada disputada no Complexo Deportivo Rías do Sur. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

Con tres novos metais para o CN Galaico, outro récord de Europa de Ramona Guillén e un grande ambiente de natación, Pontevedra clausurou onte o XXIX Campionato de España Máster de Natación, que durante catro días contou con máis de 1.300 deportistas.

Coa bancada do Complexo Rías do Sur ateigado, Sergio Bethencourt sumou un bronce á súa colección, nos 200 metros costas en máis de 60 anos. Telmo Calle foi segundo en +40 nesa mesma proba e Teresa Celemín fíxose co bronce nos 50 braza de +65 anos.

Ademais, Ramona Guillén estableceu un novo récord de Europa en 200 metros costas (+65 anos) cun tempo de 2:50.60 (+65), o que lle permitíu á do CN Palma de Mallorca un excelente campionato.

O CD Jerez gañou por equipos, co CN Galaico na vixésima praza.

Nos 200 costas, os vencedores foron Ricardo Forcat (+75), Luis Arderius (+70), Óscar Hernández (+65), Domingo González (+60), Antonio Jiménez (+55), Francisco Martínez (+50), Luis Sánchez (+45), Khasan Radisov (+40), Carlos López (+35), Andrés Ortiz (+30), Raúl Escobar (+25), e Aimar Ondara (+20).

Proba da última xornada disputada no Complexo Deportivo Rías do Sur. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
Proba da última xornada disputada no Complexo Deportivo Rías do Sur. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

En mulleres gañaron Luisa Pérez (+80), Karen Winn (+75), María Luisa Delgado (+70), Ramona Guillén (+65), Ana Martínez (+60), Aurelia Teixidor (+55), Sara Tolnai (+50), Laura Santidrián (+45), Laura Garrido (+40), María Benavent (+35), Alejandra Verdeguer (+30), Francesca Zanini (+25) e Paula Higuera (+20).

A proba máis numerosa da última xornada foi a velocidade, os 50 metros libre, co avó da competición, Juan Domínguez (+95 anos). Tamén gañaron José Quintana (+85), Joaquín Canales (+80), Carlos Núñez (+75), Fernando Bordallo (+70), Alberto Delgado (+65), Antonio Egido (+60), Óscar Rodríguez (+55), Santiago Valenzuela (+50), José Aranda (+45), Mikel Bildosola (+40), Iván Lobelle (+35), Moritz Berg (+30), Ricardo Ander-Egg (+25) e Javier Pérez (+20).

En categoría feminina, triunfaron Mercedes Rodríguez (+85), Isabel Moral (+80), Rosa Segarra (+75), Pilar Solsona (+70), Cinzia Lais (+65), Carmen Navarro (+60), Juana Marín (+55), Eugenia Guervos (+50), Dolores Martínez (+45), Marta Barbeito (+40), Sara González (+35), Janne Baden (+30), Laura Yus (+25) e Reyes Millán (+20).

Público asistente ao Campionato de España de Natación máster. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
Público asistente ao Campionato de España de Natación máster. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

Nos 100 metros braza, os ouros foron para Peter Roeder (+85), Javier Rodríguez (+80), Juan Cruz (+75), Juan Equisoain (+70), Alejandro Ros (+65), Sergio Sarmiento (+60), Eugenio Mayor (+55), Francisco St Mary (+50), Sergio Aznar (+45), Ismael Aguado (+40), David Fernández (+35), Adzubenam Cabrera (+30), Sergio Martín (+25) e Guillermo Aguilar (+20) en homes e para Dietlind Kubein (+80), Karen Winn (+75), Ana Martínez (+70), Esther López (+65), Ute Hasse (+60), Silvia Soler (+55), Eguenia Guervos (+50), Estela Montejo (+45), Zuzana Cierna (+40), Nazaret Calviche (+35), Patricia González (+30), Sara Pomar (+25) e Ana Camello (+20).

Pechou o campionato a proba das remudas 4x50 estilos con éxitos do Master Madrid (+320), Canoe (+280 e +240), Alcobendas (+200), Chamartín (+160), Vulcania (+120), Cuatro Caminos (+100) e La Roda (+80) en homes. Mnetres, o Tenerife (+280), o Rivas (+240), o Canoe (+200), o Cuatro Caminos (+160), o Vulcania (+120), O Monteverde (+100), e o Mako (+80) obtiveron a vitoria en mulleres.

Reapertura de Rías do Sur para o público xeral
O Complexo Deportivo Rías do Sur reabre o día 12 as súas portas para o público xeral.

Despois de case dous anos sen ofrecer servizo para os cidadáns tralo peche de Supera en 2022, a Fundación Rías do Sur asume a explotación do centro para permitir o acceso dos novos aboados.

Nun horario desde o amencer ata a noite, os usuarios particulares poderán facer uso dun centro que foi remozado con obras de mellora, novos equipos, novas máquinas e persoal profesional para ofrecer o mellor servizo posible.

Comentarios