Viernes. 21.09.2018 |
El tiempo
Viernes. 21.09.2018
El tiempo

A campioa Teresa Abelleira, recibida na Deputación

Teresa Abilleira fue recibida en la Diputación. DP
Teresa Abilleira fue recibida en la Diputación. DP

Silva recoñeceu sentirse "honradísima" por recibir a "un exemplo para moitas rapazas"

A pontevedresa Teresa Abelleira, que vén de proclamarse campioa de Europa coa selección de fútbol feminino sub 19, foi recibida este venres pola presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e a deputada de Deportes, Chelo Besada.

A pontevedresa vén de acadar a medalla de oro nun torneo no que foi unha das pezas claves da selección española. Durante o acto, Carmela Silva recoñeceu sentirse "honradísima" de poder recibir a Teresa Abelleira, "unha gran deportista que dará moitas alegrías ao deporte pontevedrés". "É un exemplo para moitas rapazas e rapaces deportistas, ten moito valor que sexa unha persoa tan amable, humilde e simpática”, engadiu.

Na mesma liña, Teresa Abelleira valorou moi positivamente a recepción xa que, segundo dixo, "este tipo de actos axudan a que o deporte feminino poida seguir medrando". "Aínda que queda moito por cambiar si que é certo que cada día temos máis apoios e máis repercusión", apuntou. 

A recente campioa de Europa tamén sinalou que "tanto en fútbol como en outros deportes cada vez hai máis referentes femininos e iso é unha grande axuda para todas as rapazas que comezan a facer deporte".

Durante a súa intervención, Silva puxo en valor o logrado por Teresa Abelleira neste campionato de Europeo, onde a pontevedresa meteu o gol de semifinais que acabou clasificando a España para a final, onde derrotaron a Alemaña.

Ademais, explicou que "Teresa Abelleira xoga actualmente nun equipo que está apostando polo fútbol feminino como o Deportivo e isto é algo que quero poñer en valor". 

A campioa Teresa Abelleira, recibida na Deputación
Comentarios