martes. 21.09.2021 |
El tiempo
martes. 21.09.2021
El tiempo

Celia Cerviño, o futuro do tenis pontevedrés

Celia Cerviño durante un adestramento. DP
Celia Cerviño durante un adestramento. DP
A tenista afronta actualmente o "mellor momento da súa vida" no ámbito deportivo ► A pesar do seu crecemento expoñencial, non se pon obxectivos cuantitativos

Unha das figuras emerxentes do tenis galego ten acento pontevedrés. Trátase de Celia Cerviño, xogadora de 23 anos e actual número 380 no ránking WTA, que alcanzou o seu mellor posto hai xusto un mes –#368–, fito ao que resta importancia admitindo que "non quero por obxectivos a longo prazo" e prefire "gardarse para ela" os números, mostra de que, a pesar do seu crecemento durante os últimos anos, se mantén cos pés no chan.

Xa conta con varios títulos a nivel ITF, e no que para ela é o seu mellor ano deportivo, no que acadou varias finais en torneos 25k ou 60k, entre outros, está a afrontar un cambio significativo na súa carreira. Mudou o equipo de traballo e os obxectivos que se pon para o que resta de tempada céntranse máis que en acadar certas roldas ou resultados en campionatos, en perfilar o seu novo estilo de xogo, feito que lle levará o seu tempo e o cal gañará sumando os máximos partidos posibles no seu costado.

Vén de caer o pasado fin de semana no W25 Cidade de Ourense ante a segunda favorita, Chihiro Muramatsu, e máis recentemente no Internacional Cidade de Vigo ante a xaponesa Yuriko Miyazaki, mais asegura que a participación no primeiro dos torneos foi "moi positiva", nun campionato no que acadou a que foi a sua mellor victoria ante a Nº 260 WTA.

A pesar de que goza dun dos mellores momentos da súa carreira, non pasa por riba o seu sufrimento a finais do ano 2019, o seu intre máis baixo previo á pandemia, durante a que, grazas ao status de deportista galega de alto rendemento, puido adestrar sen moitas dificultades nun momento de máxima complexidade para levar a cabo calquera actividade deportiva. Cerviño continuará traballando "día a día", como ata agora, para medrar "a modiño".

Celia Cerviño, o futuro do tenis pontevedrés
Comentarios
ç