Comesaña e Galego vencen a Ponle Freno

A carreira solidaria do Circuito Atresmedia encheu Pontevedra con preto de un milleiro de atletas de tódalas idades
HQR CARREIRA PONLE FRENO AS 20 00 CORREN OS NENOS E AS 21 30 PRINCIPIAN OS MAIORES  (_G4A7576.JPG)
photo_camera Imaxe da proba dos adultos. GONZALO GARCÍA

Celso Comesaña e María Dolores Galego gañaron este domingo a Carrera Ponle Freno Pontevedra que se disputou polas rúas da cidade e na contorna do Río Lérez e a Xunqueira de Alba.

Máis de medio millar de atletas entre as dúas distancias na categoría sénior realizaron o circuito polo que transcorreu a proba.

Comesaña completou o traxecto dos dez quilómetros nun rexistro de 34.05, a un ritmo de 3,24 minutos o quilómetro. Impúxose na liña de chegada a Gustavo Caballero, que rematou na segunda praza, a 20 segundos del. O terceiro lugar do podio foi ocupado por Javier Vila, que concluiu cun rexistro de 34.52.

HQR CARREIRA PONLE FRENO AS 20 00 CORREN OS NENOS E AS 21 30 PRINCIPIAN OS MAIORES  (_G4A7475.JPG)
Inicio da proba dos adultos. G. GARCÍA

As prazas de honra foron ocupadas por Maxi Oubiña, que concluíu na cuarta posición; Darío Arias (quinto), Gonzalo Fernández (sexto), Nicolás Marín (sétimo), Manuel Sobral (oitavo), Iago Cal (noveno) e David Parada (décimo). Só os cinco primeiros foron quen de rachar a barreira dos 35 minutos segundo a cronometraxe de Championchip Norte.

Na proba feminina, María Dolores Galego foi tremendamente superior a tódalas súas contricantes e completou os dez quilómetros dos que constaba a carreira cun rexistro de 41.18, a unha ritmo de 4,07 minutos o quilómetro. Por detrás dela, pero lonxe, chegaron no segundo lugar Soledad Leiro e no terceiro posto Rocío Rodríguez, ámbalas dúas por enriba dos 43 minutos. Noelia Nogueira e Marisé Astorga pecharon o top-cinco da competición, con rexistros por debaixo dos 45 minutos.

HQR CARREIRA PONLE FRENO AS 20 00 CORREN OS NENOS E AS 21 30 PRINCIPIAN OS MAIORES  (_G4A7450.JPG)
Foto inicial con las autoridades. GONZALO GARCÍA

Pero ademais dos 10.000 metros, disputouse a proba do 5K, algo menos numerosa en participación (remataron 191 deportistas). Na mesma, a vitoria correspondeu ao campión do mundo en grupos de idade de duatlón Jorge Janeiro. O pontevedrés impúxose cunha marca de 18.18, a un ritmo de 3.35 o quilómetro. Non lle andou lonxe na pelexa polo primeiro lugar Sergio Jamardo, que concluíu a cinco segundos del. A terceira praza foi para Anxo Otero cun rexistro de 18.32.

Na categoría feminina, Silvia García foi a que investiu menos tempo en cubrir o percorrido. Rematou cun tempo de 22.14: 4,26 minutos por quilómetro . Ararat Pazos foi a segunda mellor, con 22.34.

HQR CARREIRA PONLE FRENO AS 20 00 CORREN OS NENOS E AS 21 30 PRINCIPIAN OS MAIORES  (_G4A7109.JPG)
Ás 20.00  foi o turno dos nenos. GONZALO GARCÍA

Medio millar de deportistas entre as dúas distancias remataron a competición, que se afianza en Pontevedra como un dos seus destinos. A cidade, que sostén un récord de tempo sen vivir un accidente mortal de tráfico, supón o exemplo ideal co seu modelo de mobilidade orientado cara os peóns, a redución do tráfico rodado e tamén o control da velocidade no centro da vila.

HQR CARREIRA PONLE FRENO AS 20 00 CORREN OS NENOS E AS 21 30 PRINCIPIAN OS MAIORES  (_G4A7286.JPG)
Os máis pequenos tamén participaron. G. GARCÍA

A Ponle Freno levouse a cabo nun circuito de cinco quilómetros ao que os participantes da 10k tiveron que dar dúas voltas. Montero Ríos, lugar habitual da saída desta proba, acolleu aos centos de deportistas. A contorna da zona (Rúas Sierra, Michelena) viron o paso dos atletas, que logo descenderon cara o Lérez e atravesaron a Ponte das Correntes ata a Xunqueira de Alba. A chegada estaba na Praza de España.

Gran ambiente: espazo para os máis novos
A edición da Ponle Freno estivo presidida por un gran ambiente e unhas condicións idóneas para a práctica do atletismo, grazas á baixada das temperaturas que viviu a vila do Lérez con respecto á pasadas xornadas.

Os participantes que toma - ron parte nas dúas distancias puideron realizar o clásico quecemento na contorna de Montero Ríos, aproveitando en gran medida o parque da Alameda.

Non foron os únicos que participaron da festa do atletismo no serán de onte, xa que tamén puideron correr os máis pequenos da casa. Vivíronse algúnhas tenras escenas cos máis miúdos, que disputaron probas de máis curta distan - cia, animados polos cidadáns que se achegaron a presenciar a carreira, os voluntarios e os atletas máis veteráns que corrían despois, ademais dos seus familiares.

Autoridades presentes

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e o concelleiro de Deportes, Tino Fernández, estiveron presen - tes nunha cita na que tamén compareceron representantes dos promotores do evento, a Fundación Axa e Atresmedia, xunto coa Asociación para el Estudio de la Lesión Medu - lar Espinal ( Aesleme). Con eles non faltou o padriño do acontecemento, Martín Fiz, campión de Europa e do Mun - do de atletismo nos anos 1994 e 95, respectivamente.

5€ solidarios

A proba ten un compoñente solidario, non só divulgativo. Ademais da mensaxe que pre - tende transmitir, que avoga pola necesidade do sentidiño nas estradas para evitar accidentes de tránsito, destina a recadación das inscricións para axudar aos afectados por ese tipo de contratempos circulatorios.

Os cinco euros de cada participante van destinados ao colectivo de cidadáns con lesións de médula que padece - ron a súa doenza a consecuen - cia dun accidente de tráfico.

A Ponle Freno de Ponteve - dra non é un acontecemento aillado, senón que forma parte dun circuito de carreiras co que os seus promotores pre - tenden lanzar a súa mensaxe. Badalona, Valencia, Zaragoza e Málaga foron os anteriores escenarios que acolleron a carreira. Aínda faltan por cele - brarse as de Vitoria, Santan - der, Madrid e Las Palmas, esta última xa en decembro.

Comentarios