Compromiso polo atletismo

O Rías Baixas é un exemplo de implicación na sociedade pontevedresa a través do deporte. Durante esta temporada incorpora a sección de deporte adaptado levada por Gustavo Dacal.
Foto de familia das categorías sénior e xuvenil do Atletismo Rías Biaxas. DP
photo_camera Foto de familia das categorías sénior e xuvenil do Atletismo Rías Biaxas. DP

O deporte pode ser un gran motivo de cohesión social. Así o interpreta o Atletismo Rías Baixas, club que camiña cara a súa primeira década de vida cunha filosofía clara: a de facerse notar na sociedade pontevedresa.

Infantil feminino do Atletismo Rías Biaxas. DP
Infantil feminino do Atletismo Rías Biaxas. DP

Coa idea de que o deporte achega valores esenciais para afrontar dunha maneira máis saudable a vida cotiá, o club presidido por Gonzalo Méndez conta con 110 deportistas, dos cales unha porcentaxe moi superior á metade son mulleres.

Infantil femenino do Atletismo Rías Biaxas. DP
Infantil femenino do Atletismo Rías Biaxas. DP

O club é consciente de que o 95 por cento dos seus compoñentes afrontan a modalidade de forma lúdica, mentres que unha parte moi pequena o fai desde un punto de vista competitivo. Para eses que contan con capacidades e posibilidades de chegar á elite nacional, como fixeron Jacobo Soler ou David Vicente, o club procura un destino no que poidan desenvolver a actividade tendo unha fonte de ingresos e ao mesmo tempo sen deixar de lado os estudos, algo no que fai fincapé a directiva.

Alevín masculino do Atletismo Rías Biaxas. DP
Alevín masculino do Atletismo Rías Biaxas. DP

A entidade conta ademais con novos talentos nas súas ringleiras e cun grupo técnico de luxo, como López Viñas ou Franck Casañas. Unha directiva cunha grande presenza de mulleres novas, cun grao de implicación moi elevado para dar viabilidade o proxecto, con Eva Salvado ou Andrea entre elas.

Alevín feminino do Atletismo Rías Biaxas. DP
Alevín feminino do Atletismo Rías Biaxas. DP

Entre as competicións que organiza a entidade encóntrase a Milla Solidaria Anedia, o Torneo de Reis, o Gran Premio de Primavera e a traca final, a Festa do Atletismo Galego.

Categorías infantil, alevín e benxamín do Atletismo Rías Biaxas. DP
Categorías infantil, alevín e benxamín do Atletismo Rías Biaxas. DP

Entre as súas seccións, destaca a Escola Gustavo Dacal de lanzamentos, en Ponte Caldelas. Ademais, a entidade dálle a oportunidade de practicar o atletismo a deportistas foráneos, en colaboración co centro Príncipe Felipe. Ultimamente abriulle as portas aos inmigrantes procedentes de África e chegados a Canarias, que foron acollidos en Sanxenxo. Tamén colabora co centro Juan XXIII, permitindo que persoas do centro poidan facer deporte dúas veces á semana.

Grupo de saltadores do Atletismo Rías Biaxas. DP
Grupo de saltadores do Atletismo Rías Biaxas. DP

Unha das grandes novidades do club na presente temporada é a creación da sección de atletismo adaptado. É un motivo de orgullo para a institución pontevedresa, pero que aínda non está a atopar a resposta na poboación, se cadra por descoñecemento. Con Gustavo Dacal á fronte da mesma, pretende ofrecerlle a posibilidade a deportistas calquera parte da contorna ou de máis lonxe de practica lanzamentos, carreiras ou saltos con algún tipo de discapacidade. O obxecto non é outro que axudar a mellorar a calidade de vida desas persoas, ofrecerlles unha alternativa de ocio e de saúde, algo no que o deporte pode desenvolver un gran papel.

Medallistas galegas do Atletismo Rías Biaxas. DP
Medallistas galegas do Atletismo Rías Biaxas. DP

Cohabitando as pistas de atletismo do Centro Galego de Tecnificación Deportiva coa Sociedad Gimnástica, o Rías Baixas segue adiante co seu proxecto no que a competitividade, o lecer, a formación deportiva e a educación social son valores elementais.

Más en Deporte Local Pontevedra
Comentarios