O Corinto Gijón, o penúltimo gran reto do Mundioma Peixegalego

O conxunto asturiano visita este sábado A Raña despois de ser o primeiro en bater a Cultural y Deportiva Leonesa e nunha dinámica moi positiva de tres vitorias consecutivas contra equipos de entidade
Javi Llorente durante un tempo morto do Peixegalego. GONZALO GARCÍA
photo_camera Javi Llorente durante un tempo morto do Peixegalego. GONZALO GARCÍA

O Mundioma Peixegalego afronta o terceiro gran test da temporada este sábado pola noite, a partir das 20.00 horas, no Pavillón da Raña. Polo de agora, os marinenses presentan balance de un triunfo e unha derrota neses partidos de alta voltaxe. 

O novo desafío eleva o listón de outros anteriores. O Corinto Gijón chega á Raña como a escadra máis en forma da categoría. Acumula tres triunfos encadeados, contra rivais de altura, como o líder, Cultural Leonesa (79-64) ou o Círculo de Gijón, a priori a escadra máis cualificada do grupo (72-89). Esa dinámica fala dun bloque en crecemento, que ten o mesmo número de derrotas có Peixe, dúas.

O preparador leonés non poderá botar man de Daniel de Villalobos, baixa de longa duración, pero recupera a Jacobo de Benito, ausente en Porriño por asuntos laborais.

O bloque está en dinámica de crecemento, con Monaghan asentándose no colectivo despois de dúas semanas nel e coas boas sensacións e o bo partido realizado en Porriño como referencia.

"El Corinto se ha reforzado y en los últimos partidos ha ganado a rivales de la zona alta de forma holgada. Han sido los únicos capaces de derrotar a la Cultural y Deportiva Leonesa", explica o técnico do Peixegalego en análise do adversario, ao que non teme colocar un cartel. "Ahora mismo son el equipo más fuerte de la competición. Es un equipo muy físico, con quizás el mejor juego interior de la categoría".

O duelo esixirá o máximo nivel de concentración e acerto do bloque de Marín se os pupilos de Javi Llorente queren obter o triunfo.

Comentarios