miércoles. 23.06.2021 |
El tiempo
miércoles. 23.06.2021
El tiempo

Luisito: "O culpable número un do que pasou neste partido son eu"

Luisito, durante o encontro contra o Sporting B. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
Luisito, durante o encontro contra o Sporting B. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
O preparador do conxunto granate laiouse polo mal partido con balón que realizou o seu equipo

Luisito amosouse contrariado e molesto polo partido que realizou o Pontevedra contra o Sporting B este domingo en Pasarón e admitiu que o resultado final foi xusto atendendo aos méritos do seu propio equipo.

"Merecemos a derrota porque a provocamos nós mesmos. Non entendo como a responsabilidade atenazou tanto aos futbolistas, que son superexperimentados. Pero o culpable número un deste partido fun eu. Teño que botarme a culpa porque é así. Vexo como adestran e son o primeiro sorprendido. Hai que pelexar ata o final".

O técnico quixo buscar unha luz de optimismo de cara ao futuro a pesar do marcador. "A única sorte é que dependemos de nós mesmos", pero non puido evitar lembrarse dos seareiros de Pasarón. "Teño que perdille perdón á xente pola segunda parte. Non ten perdón de Deus. Se non é por Álvaro Cortés...".

O teense sentiuse abraiado polas facilidades que o seu conxunto lle deu ao adversario. "Disme que o rival é superior a ti e acéptoo. Pero é que lles regalamos nós as ocasións. Iso é o que realmente me doe. Foron perdas nosas".

"Só queda seguir xogando, ir á casa do Lealtad a gañar e xogarnos todo aquí contra o Oviedo B. Non hai máis contas. Os catro equipos que estamos aí dependemos de nós mesmos. Sabemos que gañándolle ao Oviedo B aquí xa está. Pero hai que facelo", sinalou.

"Merecemos a derrota porque a provocamos nós mesmos. Non entendo como a responsabilidade atenazou os futbolistas"

O preparador granate "non contaba con que hoxe fosemos estar tan mal e tan imprecisos. Fixemos o máis difícil, que foi empatar, porque empezamos moi mal. Co troco de sistema o equipo asentouse. Pero no segundo tempo non quixemos o balón. Foi algo inexplicable".

Nin o troco táctico proposto polo técnico fixo efecto. "Puxen tres centrais contra dous dianteiros deles para poder iniciar e sacar o balón. E aínda así, na segunda parte, non o queriamos. E cada vez que o tiñamos, xogabamos cun pelotazo en longo e dábamoslla a eles. Tiveron tres mans a man por perdas nosas".

"Só queda levantar aos futbolistas, botarme a min toda a culpa e pelexar ata o remate. O Pontevedra é sufrir e sabía que iamos sufrir, pero non crin que tanto", manifestou Luisito, que non quixo cebarse cos seus xogadores.

"O máis doado sería botarlle a culpa aos xogadores, pero eu non son así». Nesa mesma liña, quixo exculpar en certo modo a Imanol García pola acción do 1-2. "Cometeu un erro grave, pero sería moi inxusto pola miña parte botarlle a culpa. Houbo cousas sangrantes como para centrarse nesa acción. Foi doloroso porque foi no 45 e polo menos tiñamos un punto".

A segunda metade do Pontevedra estivo fóra das previsións que tiña Luisito. "Fun o primeiro sorprendido de que parte fósemos saír así. Crin que lles iamos pasar por enriba, sinceramente". O preparador, ademais, explicou que Adrián Cruz perderá o que queda de temporada por unha lesión no xemelgo.

Luisito: "O culpable número un do que pasou neste partido son eu"
Comentarios
ç