Dacal debutará o 12 de novembro tras obter a certificación

A certificación de grao de discapacidade permitiralle poder optar a clasificiación para os Xogos Paralímpicos de París 2024
Gustavo Dacal coa xavelina na súa cadeira de rodas. DP
photo_camera Gustavo Dacal coa xavelina na súa cadeira de rodas. DP

Gustavo Dacal obtivo xa a certificación de grao de discapacidade que lle permitirá poder optar a clasificación para os Xogos Paralímpicos de París 2024. O atleta pontecaldelán superou ese primeiro trámite administrativo que, ademais de permitirlle acceder a determinados servizos e prestacións na súa vida cotián, o coloca en situación de seleccionable para tomar parte en probas de atletismo adaptado.

O excampión de España de lanzamento de xavelina xa ten data para o seu debut, no seu camiño cara París. Será a mañá do domingo 12 de novembro. O Atletismo Rías Baixas organizará unha proba de lanzamentos, na que tamén estarán convidados outros especialistas con discapacidade. Estará incluída dentro do programa da Milla Anedia, que regresará ás pistas de atletismo do Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

Más en Deporte Local Pontevedra
Comentarios