sábado. 06.03.2021 |
El tiempo
sábado. 06.03.2021
El tiempo

O deporte pontevedrés desafía a LGTBIfobia no spot ‘Seareirxs da Diversidade’

Tino Fernández, acompañado de Yoya Blanco, en el acto.DP
Tino Fernández, acompañado de Yoya Blanco, en el acto.DP
Dez clubes da cidade unénse no día contra a LGTBIfobia no deporte ► Yoya Blanco recuerda el caso de Justin Fashanu

As concellerías de Igualdade e de Deportes impulsan esta peza audiovisual, na que participan dez equipos da cidade, co gallo do Día Internacional contra a LGTBIfobia no deporte Pontevedra, 19 de febreiro Coincidindo co Día Internacional da LGTBIfobia no deporte, o Concello de Pontevedra presentou este venres o spot Seareirxs da Diversidade, que contou coa participación de dez clubs deportivos da cidade pertencente s a disciplinas como fútbol, baloncesto, natación, ximnasia rítmica, taekwondo, esgrima ou balonmán. A peza audiovisual, impulsada polas concellerías de Igualdade e de Deportes, enmárcase dentro do programa municipal pola diversidade sexual Pinto e Maragota e busca enviar unha mensaxe clara: a práctica deportiva está destinada a todas as persoas, sen ningún tipo de discriminación pola súa identidade ou orientació n sexual, nin pola súa condición física, social ou cultural.

Tal e como asegurou durante o acto de presentación celebrado na Sala de Prensa do Teatro Principal a concelleira de Igualdade, Yoya Blanco, o vídeo pretende realizar un chamamento a "formar part e dunha gran afección arredor do deporte como ferramenta de transformación, para construír un h a sociedade máis xusta, inclusiva e respetuosa". En presenza de deportistas e directivos de varios dos clubs participantes no spot, a edil socialista explicou que "o deporte é un dos espazos máis hostís para as persoas pertencentes ao colectivo LGBTIQ+, de bido a que seguimos a ver nestas prácticas actitudes machistas e discriminatorias pola identidade, orientación sexual ou pola expresión de xénero [email protected] deportistas".

Pola súa banda, o tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Tino Fernández, a segurou sen tirse “agradecido pola enorme receptividade e implicación que tiveron con este pro xecto os equipos participantes: o Pontevedra Club de Fútbol, o Club de Baloncesto Arxil, a Sociedade Deportiva Teucro, o Cidade de Pontevedra Fútbol Sala, o Club Cisne Balonmán, a Sociedade Ximnástica Pontevedra, a Asociación Juan XXIII, o Club Treboada, o Club Escola Hungaresa de Esgrima Pontevedrae o Club Taekwondo Mace–Sport”. “O apoio tácito dos clubs a un deporte diverso que non discrimine por razón de orientación ou identidade sexual vai ser o xermolo da conduta moral dos nosos futuros deportistas. Os clubs de Pontevedra teñen abertas de par en par as portas a toda a comunidade LGTBIQ+ e pechadas a calquera tipo de "discriminación" subliñou o edil do PSOE.

Justin Fashanu o calvario do primer futbolista declarado publicamente homosexual

Yoya Blanco lembrou que o Día Internacional contra a LGTBIfobia no Deporte conmemórase cada 19 de febreiro do británico Justin Fashanu, o primeiro futbolis ta profesional da historia en declararse homosexual ante os m e dios de comunicación o que fixo que a súa vida se tornase un inferno e ningún adestrador quixese manter no seu plantel durante demasiado tempo a Fashanu e os apupos do público se volveran frecuentes dende os graderíos. Foi obxecto de burlas dos seus compañeiros tanto nos vestiarios como no campo o que fixo que optase por retirarse ao non poder soportar o acoso ao que foi sometido. Suicidouse o 3 de maio de 1998 narrou a edil do PSOE.

O acto de presentación do spot reivindicativo contou coa asistencia de Luis Santos Omil, da Asociación Juan XXIII; Maika Jarillo, do Club Treboada; Cristina Garrido, da Sociedad Ximnástica Michele Estévez, do Club Escola Hungaresa de Esgrima Pontevedra Cauë Herrera, da Sociedade Deportiva Teucro; e Francisco A billeira do Club Baloncesto Arxil. Segun do salientou Michele Estévez, a elaboración deste vídeo é moi importante non só para reflectir a presenza das mulleres no deporte, senón de todos e cada u n dos membros que conf orman o colectivo LGTBIQ+.

O deporte pontevedrés desafía a LGTBIfobia no spot ‘Seareirxs da...
Comentarios
ç