O deporte pontevedrés recibe a medalla ao Mérito da Xunta

Suso Morlán, Luciano Soto, Magín Froiz, David Cal, Manuel Barreiro, Martín Esperanza, Amador Lorenzo, a Escola Naval de Marín e o Pontevedra CF, recoñecidos no 2022
Magín Froiz. SARA MOLDES
photo_camera Magín Froiz. SARA MOLDES

Suso Morlán, Magín Alfredo Froiz, Luciano Soto, David Cal, Martín Esperanza, Amador Lorenzo, a Escola Naval Militar de Marín e o Pontevedra Club de Fútbol foron distinguidos pola Xunta de Galicia coa medalla ao Mérito Deportivo 2022, coa que serán condecorados o próximo mércores 5 de outubro nun acto que se desenvolverá a partir das 19:30 horas na Igrexia de San Domingos de Bonaval en Santiago de Compostela.

O acto presidido polo titular da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, ademais do secretario xeral para o Deporte, Lete Lasa.

O acto chega despois de dous anos sen celebrarse por mor da pandemia.

Suso Morlán, Magín Alfredo Froiz e Luciano Soto recibirán o galardón a título póstumo. Morlán recibirá o galardón como adestrador de David Cal e unha das figuras chave do piragüismo galego contemporáneo.

Magín Alfredo Froiz foi colaborador e mecenas do deporte local e particularmente amante do ciclismo, modalidade que impuslou coa creación do GD Supermercados Froiz, conxunto de referencia do mundo elite e sub-23.

Luciano Soto, pola súa banda, o Superman Galego, é recoñecido polo seu exemplo de superación que lle fixo sobrevivir a unha obstrución do 98 por cento do corazón e acabou disputando cinco veces a maratón de Nova York.

Ademais, Manolo Barreiro é galardoado pola súa achega no fútbol galego e pontevedrés, no que é presidente de honra da delegación da Federación Galega de Fútbol.

O buenense Amador Lorenzo, ex porteiro do Real Madrid e do Barcelona, exerce hoxe en día como olleador de futbolistas para o club barcelonés.

Ignacio Martín Esperanza é un dos princiais representantes do Hai Que Roelo. Residente en Portonovo e nativo de Verín, Martín Esperanza é un dos mellores xogadores da historia do Pontevedra.

David Cal é o deportista olímpico máis galardoado da historia de España, con cinco metais en tres participacións nos Xogos.

Ademais, a Xunta recoñecerá o Pontevedra Club de Fútbol, entidade deportiva que acumula 81 anos de historia e vén de conseguir o ascenso a Primeira Federación a campaña pasada.

Ademais, premia a Escuela Naval Militar de Marín, unha referencia no deporte, particularmente canto a atletismo e vela. De feito, foi escenario do primeiro campionato de España en pista cuberta de atletismo. Hoxe colabora con clubs da contorna cedendo as súas instalacións en situacións como a que está a padecer as entidades de natación e waterpolo co peche da piscina olímpica.

A medalla ao Mérito Deportivo da Xunta de Galicia ofrece galardóns a 106 deportistas, clubs ou entidades que acumulan éxitos, achegas ou son referencias deportivas dentro de Galicia.

O evento recupera a normalidade despois de dous anos de parón a causa da pandemia da Covid19 e retómase nun evento que pretende lembrar a relevancia non só dos galardoados, senón do deporte como artellador da sociedade.

Comentarios