domingo. 07.03.2021 |
El tiempo
domingo. 07.03.2021
El tiempo

Deporte para uns poucos

O Leis e o Marín FS poderán seguir adiante coa liga e afrontar o derbi da segunda volta de División de Honra. GONZALO GARCÍA
O Leis e o Marín FS poderán seguir adiante coa liga e afrontar o derbi da segunda volta de División de Honra. GONZALO GARCÍA
As novas restricións reducen a algo máis de trinta equipos da área de influencia os que poden seguir coas súas ligas e cos adestramentos como os estaban a realizar ata agora

Algo máis de trinta equipos da comarca de Pontevedra e da súa contorna poderán seguir adiante coa súa actividade deportiva habitual despois da entrada en vigor das novas restricións impostas pola Xunta de Galicia, xa publicadas no Doga.

Sen embargo, a meirande parte do deporte da área de influencia da capital afronta novas semanas sen actividade competitiva que se sumarán ás que unha gran parte de categorías estaban a vivir. A nova normativa impedirá aos clubs e deportistas participar en competición de ámbito autonómico e adestrar en grupos de máis de catro persoas. Ámbalas dúas medidas, ademais das restricións territorias por peches perimetrais, non afectarán a aqueles deportistas e clubs que compitan en categorías dependentes de federacións nacionais.

En fútbol, a Segunda División B e a División de Honra seguirán adiante, pero tamén a Terceira División, a Primeira Nacional Feminina ou a Liga Nacional xuvenil. Pontevedra, Arosa, Choco, Alondras, Estradense, Ribadumia, Viajes InterRías, Atlético Arousana e Umia son os que poderán seguir albergando partidos oficiais nos seus campos. Categorías a piques de comezar, como Preferente, adíanse.

Equipos de Pontevedra que siguen compitiendo tras las nuevas restricciones

O fútbol sala poderá seguir adiante tamén en categorías como a División de Honra xuvenil, que se disputa exclusivamente en territorio galego, pero é dependente da Federación Española. O Poio Pescamar de Primeira División, o Ence Marín FS de Segunda, o Leis e o Estrada Inversia en Segunda B e o Leis e o Aceites Abril Marín na División de Honra seguirán adiante.

Tamén os primeiros equipos do Cisne, o Teucro, o Lalín, a SAR (masculina e feminina), o Bueu Atlético, o Cangas (e o seu filial) e o Asmubal Meaño continuarán a competir se os casos de Covid llelo permiten. Todo o balonmán base para, ao igual que todo o baloncesto base. Os únicos equipos que competirán van ser os dous cadros séniores do Arxil e o Peixegalego feminino de Primeira Nacional.

O Pontevedra RC continuará coa súa aventura na División de Honra B feminina, o único conxunto con actividade. Tamén o Bádminton Ravachol, que está na División de Honra, segue adiante. Os clubs de tenis de mesa como o Monte Porreiro están a expensas das instrucións da Federación Galega ao respecto da Terceira Nacional.

Deporte para uns poucos
Comentarios
ç