domingo. 22.09.2019 |
El tiempo
domingo. 22.09.2019
El tiempo

A Deputación recoñece ao futuro e o presente

Foto de familia. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
Foto de familia. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
Os 183 deportistas becados protagonizan a gala do deporte DepoDAN e Depopromesa

A Deputación Provincial de Pontevedra recoñeceu este xoves ás estrelas do presente e do futuro do deporte pontevedrés na gala DepoDAN e Depopromesa.

Os 183 competidores, repartidos entre alto nivel e categorías de base, foron becados pola máxima entidade de ámbito provincial polos seus resultados durante a temporada pasada.

Entre eles, atopábanse medallistas olímpicos, mundiais ou europeos como Támara Echegoyen, Juan Saavedra, Pablo Dapena, Roi Rodríguez, Carla Frieiro, Rodrigo Condes ou Nico Rodríguez. Tamén se deron cita estrelas como a atleta Solange Andreia Pereira. Estaban representados os 61 concellos da provincia de Pontevedra.

Panorámica da cerimonia. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

O acto desenvolveuse no exterior do Pazo Provincial de Pontevedra, na avenido Montero Ríos, e foi conducido polo xornalista Terio Carrera e a exxogadora de balonmán da selección española Begoña Fernández.

O evento contou coa presenza de alcaldes e concelleiros de toda Pontevedra.

As compoñentes do Club Ximnasia Rítmica Treboada realizaron unha actuación para amenizar a asistencia ao público presente, que tamén puido gozar da música do dúo Two Mirror.

Entre o público atopábanse os piragüistas olímpicos en México 68 Carlos Pérez, Franco Covas e José Luis. Entre os ilustres convidados á festa tamén se atopaban o gañador da Vuelta a España 1986, Álvaro Pino, e a primeira árbitra de elite da historia do balonmán en España, Cristina Fernández Permuy.

A cerimonia, que se prolongou durante algo máis de unha hora, foi presidida pola máxima mandataria provincial, Carmela Silva, que no seu discurso fixo un guiño á cultura do esforzo e quixo poñer en valor o sacrificio de tódolos deportistas na consecución dos seus logros.

Ao remate da sesión, os protagonistas realizaron a foto de familia oficial na escalinata do Pazo Provincial.

A Deputación recoñece ao futuro e o presente
Comentarios