miércoles. 26.01.2022 |
El tiempo
miércoles. 26.01.2022
El tiempo

O derbi de Terceira ou da 2ªB?

Capi celebra un dos goles do último partido en Pasarón entre o Pontevedra e o Arousa, saldado con triunfo granate. DAVID FREIRE
Capi celebra un dos goles do último partido en Pasarón entre o Pontevedra e o Arousa, saldado con triunfo granate. DAVID FREIRE
O Arousa gañou en tres das seis visitas a Pasarón na súa etapa na extinta categoría de bronce ► Na máxima competición autonómica, o dominio local do Pontevedra foi asoballante

Que derbi sairá de Pasarón este domingo á tarde? Cal será o resultado? Será un derbi como os de Terceira División ou como os de Segunda División B? A dúbida da nova categoría sinala ao partido de rivalidade comarcal entre o conxunto granate e o arlequinado. Porque o Arousa de Pasarón ten dúas caras ao longo da historia, cando menos canto a resultados: o conxunto que apenas perde e sorprende ao veciño e o conxunto ao que lle custa puntuar e sempre sae prexudicado.

O Arousa de Segunda B é unha escadra que non é ben querida no Barrio do Burgo, porque está habituada a incorrer en furto de puntos. Visitou seis veces o estadio e só perdeu nunha ocasión. Venceu tres enfrontamentos, os tres últimos entrámbolos dous conxuntos nesa competición, entre finais dos 80 e principios dos 90, empatou dúas veces e só caeu na campaña 87-88. Motivos sobrados para desconfiar del.

En cambio, o Arousa da Terceira é algo máis accesible e ten algo menos de fortuna nos seus resultados. Só gañou dúas veces nos quince campionatos de Liga nos que ámbolos bloques compartiron categoría, en diferentes etapas da historia, antes e despois de que se fundase a intermedia Segunda B. Hai que remontarse á temporada 52-53 para atopar a un Arousa ganador en Pasarón na Terceira. Van case 70 anos.

Na Copa do Rei hai dous antecedentes na ribeira do Lérez. Unha favorable para cada un dos bloques. A máis recente, con triunfo en Pontevedra dos vilagarciáns e pasaporte para a seguinte rolda do play-off para o Arousa.

Aínda que o imaxinario colectivo (non sen razón pola tensión, emoción e rivalidade dos enfrontamentos que miden a estas escadras) ten a impresión de que o Arousa é un adversario temible historicamente para o PCF, os datos xerais falan dun balanzo claramente favorable aos intereses dos lerezanos no corpo a corpo.

En total, once triunfos locais, seis empates e seis vitorias do Arousa en chan granate.

SÉCULO XXI. A historia actual favorece tamén de forma clara ao once granate: os dous duelos máis próximos no tempo do Pontevedra e o Arousa fóronlle beneficiosos aos locais. Foron os dous únicos envites oficiais do século entrámbolos dous onces: na 2014-15, o PCF venceu na casa cun apertado 1-0, un ano que separaría os camiños dos conxuntos, xa que remataría co ascenso granate a Segunda B da man de Luisito. Na campaña anterior, con Manu Fernández no banco, o Pontevedra bateu ao Arousa de Piscis por 2-0. Ao actual conselleiro granate non se lle deu ben o PCF como rival.

Os anteriores partidos xa son da década dos 90, tanto en Liga como en Copa. E neles o Arousa case sempre sacou algo positivo: Triunfos por 1-2 na 93-94 e por 0-3 na 89-90 en Liga, e por 0-1 na 93-94 en Copa do Rei, con pasaporte incluido para a seguinte rolda. Durante un lustro, o Arousa foi un pesadelo para os lerezanos, confirmado na 88-89, cun 0-1 no primeiro partido da segunda volta.

A única vitoria en Segunda B do Pontevedra foi o curso anterior (1-0), despois de que nos anos anteriores se producisen dúas igualadas en Pasarón. O curioso é que na Lomba os resultados eran xusto os contrarios: o Pontevedra gañaba fóra daquela o que perdía na casa, e viceversa.

Iso si, previamente, en Terceira División, Pasarón fora case inabordable para os arlequinados, xa que colleitaron case sempre derrotas, a comezos dos 80, nos 70 e na década dos 50, na que se produciu a goleada máis grande favorable ao PCF, un 4-0 na 56-57.

Hai que remontarse á 52-53 para atopar un trunfo vilagarcián en Pontevedra (0-3). A primeira vitoria arousista foi na 49-50 (1-3). E a primeira vez que ámbolos dous bloques se mediron na cidade do Lérez produciuse unha igualada: 2-2, na campaña 47-48.

Romay e Iñaki súmanse á baixa de Rufo para o encontro deste domingo
Ángel Rodríguez non poderá contar con Romay nin Iñaki para o partido de mañá contra o Arousa, ademais da xa consabida ausencia de Rufo. Os dous futbolistas padecen problemas físicos que lles obrigarán a descansar varios días para restablecérense e retornar á actividade. O propio técnico explicou a situación na conferencia de prensa semanal que ofrece en Pasarón.

"Son problemas típicos de la temporada. Lesiones que no son importantes pero que te acaban llevando a no tener una semana limpia de entrenamiento. A veces es mejor parar una semana que tener que esperar más tiempo".

Trátanse de doenzas musculares en ámbolos dous casos. Rodríguez amósase cauto ao respecto da evolución de Rufo, pero sen présa. Quere ao seu dianteiro en plenitude, non a medio gas. E para iso, se cadra, terá que agardar uns diíñas máis do que lle gustaría.

"Rufo está cada día mejor, muy animado, haciendo cada vez más cosas. Lo vemos todos los días y está con muchas ganas y veremos cómo evoluciona, qué le dice el médico y qué sensaciones tiene. Son lesiones que es mejor curar bien y descansar una o dos semanas de más, que no arrastrar la lesión durante todo el año. Queremos tener al jugador al cien por ciento en toda la segunda vuelta y la recta final de curso", explica o técnico granate ao respecto dese aspecto.

CANTEIRÁNS. Rodríguez enviou unha mensaxe de calma e paciencia aos valores emerxentes do plantel, á mocidade que agarda polo seu momento: chegará cando as circunstancias o aconsellen.

"Con viento a favor es más fácil meterlos y que podamos sacar algo positivo de ellos. Si las cosas no van bien, ponerlos en Pasarón es echarlos a un sitio en el que no merecen estar. Con dinámicas buenas, aparecerán. No deben bajar los brazos. Soy franco con ellos. Les pido que sigan como están: que Santi, que López, que Samuel y que los que ya han entrado continúen, porque al final tendrán una oportunidad", asegurou.

O derbi de Terceira ou da 2ªB?
Comentarios