lunes. 25.10.2021 |
El tiempo
lunes. 25.10.2021
El tiempo

As Irmandiñas competirán esta tempada na categoría Rexional

Yoya Blanco e Tino Fernández no acto de presentación do equipo As Irmandiñas deste xoves. CEDIDA
Yoya Blanco e Tino Fernández no acto de presentación do equipo As Irmandiñas deste xoves. CEDIDA
Tino Fernández e Yoya Blanco presidiron o acto de presentación oficial do conxunto ► Tamén estivo presente o entrenador, Rubén Sanmartín

O tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Tino Fernández, e a concelleira das áreas de Igualdade e de Turismo, Yoya Blanco, presidiron na mañá deste xoves na Casa da Luz o acto de presentación oficial do flamante equipo feminino do Pontevedra Rugby Club (PRC) As Irmandiñas, que despois de pasar pola División de Honra B, competirán en categoría Rexional nesta tempada 2021-2022.

A escadra, composta actualmente por un total de 16 xogadoras, estivo acompañada polo director deportivo do PRC e adestrador do equipo, Rubén Sanmartín

O nome desta sección feminina do PRC, As Irmandiñas, débese a que, durante a tempada 2020-2021, estivo composto por xogadoras de varios clubs de Galicia, quedando a día de hoxe no actual plantel as de orixe pontevedresa e regresando as demais aos seus equipo para xogar na liga Rexional desde este mesmo mes.

As Irmandiñas competirán esta tempada na categoría Rexional
Comentarios
ç