Un evento internacional que será algo máis ca un aperitivo do Europeo

O Ciclocross Internacional Cidade de Pontevedra achegará á vila a 600 deportistas nunha proba puntuable para a Copa de España
Presentación do Ciclocross Internacional Cidade de Pontevedra. DP
photo_camera Presentación do Ciclocross Internacional Cidade de Pontevedra. DP

A elite nacional e mundial da bicicleta de montaña volverá a ofrecer o mellor dos espectáculos este sábado en Pontevedra, que acollerá a celebración do Ciclocross Internacional Cidade de Pontevedra, de categoría C1 e puntuable para a Copa de España da disciplina (trátase da segunda proba da mesma). O evento, organizado pola Federación Ciclismo Galego co patrocinio da Concellería de Deportes, desputarase na Illa das Esculturas e contará con ciclistas chegados desde Italia (que traerá á súa selección nacional), Francia, Estados Unidos, Inglaterra ou Bélxica, converténdose nun aperitivo do que os afeccionados poderán desfrutar no Campionato de Europa que a Boa Vila acollerá en 2024.

A competición iniciarase ás 9.00 horas coa manga júnior masculina e continuará coa júnior feminina. Posteriormente, tocaralles a quenda ás féminas elite e sub 23 (ás 11.45 horas), que darán paso, arredor das 13.00 horas, á manga elite e sub 23 masculina, proba raíña do programa competitivo.

Para as 14.15 horas está prevista a proba de ciclocross inclusivo, unha das novidades e seña de identidade da carreira, que terá como referente ao galego Borja Gómez e que será a oportunidade para que os ciclistas con diversidade funcional poidan afrontar, nun percorrido idéntico aos doutras categorías, esta manga non competitiva.

Xa pola tarde, os rapaces cadetes comezarán a súa competición ás 17.00 horas, mentres que a proba máster 30, 50 e 60 masculina, xunto coa máster feminina desputarase a partir das 18.00 horas, quedando os máster 40 masculinos para as 19.00 horas. As entregas de trofeos realizaranse ao final de cada proba.

O presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz, destacou durante a presentación da proba que a aposta de Pontevedra pola modalidade está a producir un "efecto contaxio": "Iniciamos aquí a primeira proba, e despois, o domingo en Marín, o 12 nas Pontes e outras dúas máis internacionais na provincia".

Más en Deporte Local Pontevedra
Comentarios