La extraña expulsión del hombre tranquilo

O preparador físico do Pontevedra, Roberto Valdés, non puido acabar o partido contra a Cultural Leonesa por poñerse de pé para protestar ►"No sabíamos ni a quien se dirigía"
Roberto Valdés durante un adestramento co Pontevedra en Príncipe Felipe
photo_camera Roberto Valdés durante un adestramento co Pontevedra en Príncipe Felipe

Roberto Valdés sufriu o domingo, no Reino de León, unha das expulsións máis ilóxicas da súa carreira nos bancos do fútbol federado. O preperador físico santiagués do Pontevedra foi invitado polo árbitro madrileño Ortiz Arias a abandonar o banco durante o partido que o seu equipo disputaba contra a Cultural Leonesa por "protestar una decisión mía de forma ostensible, levantando los brazos". No minuto 64, con marcador de 2-0 a favor do bloque leonés, un xogador local cometeu unha falta sobre Trigo que o colexiado non estimou oportuno sancionar. A xogada continuou e Álex Fernández detivo a un adversario cunha entrada. "Nos levantamos tres o cuatro del banquillo al unísono, prácticamente todo el cuerpo técnico", en sinal de protesta. O colexiado madrileño estaba preto do lugar, viuno e escolleu a Valdés como ‘cabeza de turco’.

"No hubo insultos, no hubo nada. Lo normal en esos casos es que se dirija a ti y te diga ‘está amonestado’. Sinceramente, creo que en ese momento se equivocó, sobre todo por como estaba transcurriendo el partido. Me dio la sensación de que fue un acto reflejo", expresou o membro do corpo técnico de Luisito, que ademais agregou un dato curioso. "Cuando vino hacia nosotros, no sabíamos ni a quien se dirigía". A chave de que Valdés acabase fóra do banco de xeito prematuro foi a proximidade do colexiado madrileño. "La acción le cogió justo enfrente a nuestro banquillo. Es la expulsión más absurda que recuerdo", sostivo este luns o técnico santiagués, que xa ten sobrada experiencia nos bancos para comprender cal é a idiosincrasia dos árbitros. "A veces, en la banda, cuando estás calentando, aprietas un poco más al asistente y lo haces adrede. Lo hago yo y lo hace el contrario", aclara o preparador físico, recoñecido no propio vestiario por ser unha persoa comedida e tranquila.

Valdés sabe que "en otros partidos que están más calientes, es más entendible. Pero en este caso no pasó nada de nada. De hecho, creo que fue la primera vez que se dirigió a nosotros", manifestou a Diario de Pontevedra.

Non é a primeira vez que o axudante de Luisito acaba expulsado nun encontro. Aínda que non é demasiado polémico, tivo os seus momentos de infortunio. "En Logroño, con el Ourense, el árbitro me pilló justo levantándome con un papel en señal de protesta. Pero en aquella ocasión sí que había sido un escándalo", afirma Valdés.

Outra das veces nas que rematou antes de tempo un partido foi co Ciudad de Santiago, con Extremadura Hernández como colexiado. "Había expulsado a Manolo Leví, que era el segundo de Luisito, y en el descuento me echó a mí. Fue cuando ascendimos con el Ciudad de Santiago a Preferente".

Comentarios