Viernes. 16.11.2018 |
El tiempo
Viernes. 16.11.2018
El tiempo

Falece José Ramón Escudero, exxogador do Teucro e o Pontevedra CF

José Ramón Escudero Rivas, exxogador do Pontevedra Club de Fútbol e da Sociedad Deportiva Teucro, faleceu o pasado domingo aos 89 anos.

Escudero formou parte do primeiro plantel do conxunto granate nos anos 50, no que foi a antesala ao gran crecemento do equipo pontevedrés no fútbol nacional.

Ademais, tamén actuou no bloque azul nos primeiros anos da existencia da entidade. Deportistas coma Escudero supuxeron un grao de area fundamental para o desenvolvemento dos dous principais clubes da cidade do Lérez.

O funeral pola alma de Escudero celebrarase este martes ás 11.30 da mañá na igrexia parroquial de San Salvador de Poio, previa á inhumación do cadáver no cemiterio da citada freguesía. Os restos mortais serán trasladados desde as salas velatorias Virgen del Camino, onde se atopan desde o luns.

Falece José Ramón Escudero, exxogador do Teucro e o Pontevedra CF