A falta de estremos complica o once inicial en Bouzas

PONTEVEDRA. Manu Fernández deberá facer un bo traballo de maquillaxe para confeccionar un once de garantías no partido que o seu equipo afronta o próximo xoves contra o Rápido de Bouzas. O preparador pontevedrés perde a Tubo e ademais non poderá contar con Fran Fandiño nin Javi Otero para o enfrontamento que ten contra o Rápido de Bouzas o próximo xoves (Baltasar Pujales, 20.30 horas).

De tódolos homes ofensivos de banda dos que dispón só poderá contar con David Pérez, polo que deberá encaixar a un futbolista que non sexa propio do costado ou modificar o debuxo para poder facer a aliñación. Luismi ou Richi poderían adaptarse á banda dereita, que xa ocuparon noutros momentos da súa estancia no equipo o estremo, aínda que non é o seu lugar natural.

Fernández podería ter que recorrer a algún rapaz do filial para cubrir o espazo valeiro. Ismael, que xa disputou dous duelos co primeiro plantel ás ordes do preparador pontevedrés, e Víctor Pousadela, que debutou con Milo, son algunhas variables coas que conta na canteira o técnico para solucionar o problema co que se atopa nestes intres.

Sen embargo, non son as únicas baixas coas que o Pontevedra se presenta antes da semana de dobre xornada.

Tampouco están en condicións de entrar co equipo, aínda, nin Santi Domínguez, nin Caco nin Pablo Lede, todos dunha zona diferente do terreo de xogo, aínda que no caso deles tres si que existen moitas alternativas que garanten que o bloque non vai ter problemas para suplilos.

Centrais

Manu recuperará a Pablo González de cara o domingo, despois de que volvese dunha sanción por expulsión en Betanzos. O centro da defensa vaise ver afectado, por primeira vez no que vai de curso, aos descartes técnicos.

O adestrador granate deberá escoller dous homes entre Yago, Miguel e Pablo para compoñer o corazón da súa zaga.

Ata agora, Yago estivera ausente durante os primeiros dous meses de competición debido a problemas laborais.

Comentarios