viernes. 25.09.2020 |
El tiempo
viernes. 25.09.2020
El tiempo

Fegatri e o Concello deciden suspender o campionato galego de tríatlon

Imaxe do Tríatlon Cidade de Pontevedra 2017. DAVID FREIRE
Imaxe do Tríatlon Cidade de Pontevedra 2017. DAVID FREIRE
Ía celebrarse o 26 de setembro en Pontevedra pero a situación epidemiolóxica aconsella pospoñelo

A Federación Galega de Tríatlon (Fegatri) e o tenente de alcalde de Pontevedra, Tino Fernández, adoptaron a decisión de suspender o campionato galego que se ía celebrar o 26 de setembro na cidade "á vista da evolución da pandemia e das restricións específicas para a comarca".

A federación e a Concellería de Deportes acordaron que “este non é o mellor momento" para celebrar o a XX edición do Tríatlon Cidade de Pontevedra. Ambas institucións agradécense mutuamente a colaboración e traballo desenvolvido. Tamén lembran que a recente experiencia do Campionato de España de Tríatlon permite coñecer mellor as necesidades loxísticas dunha proba deste tipo para garantir a seguridade dos participantes. 

O concelleiro de Deportes explica que a decisión foi adoptada tras unha xuntanza mantida por responsables de ambas as entidades para estudar a situación, na que concluíron que Pontevedra "non pode garantir a celebración da proba coas condicións necesarias, pese á enorme colaboración e irmandade existentes entre a Federación Galega e esta cidade tan identificada co deporte do tríatlon".

Ambas institucións consideran que, mentres perdure a crise sanitaria ocasionada pola Covid-19, o obxectivo principal é "a protección da saúde da cidadanía e, en particular, no mundo do deporte, a protección dos intereses dos e das deportistas galegos".

Fegatri e o Concello deciden suspender o campionato galego de tríatlon
Comentarios