A Fundación manterá aberto o Complexo Rías do Sur ata fin de ano

A xestora da piscina concédelle unha moratoria dun mes aos clubs para que poidan procurar solucións e fontes de financiamento de cara a pagar os gastos correntes da instalación

 

Panorámica de la piscina olímpica completamente vacía. RAFA FARIÑA
photo_camera A piscina olímpica completamente baleira. RAFA FARIÑA

O Complexo Deportivo Rías do Sur manterase aberto ata o remate do ano. A Fundación estimou a demanda dos clubs para concederlles máis tempo para atopar solucións e prolongou durante un mes a apertura da instalación, que tiña previsto pechar a partir de mañá. A finalidade dos rectores da Fundación é que as entidades deportivas poidan buscar recursos e chegar a acordos para poder facer fronte aos elevados custos correntes da infraestrutura. 

A circunstancia foi acollida con cautela polos dirixentes do Club Natación Galaico e do Club Galaico Sincro, os principais clubs afectados, aínda que a situación tamén prexudica en maior ou menor medida ao Squash Pontevedra, o CW Pontevedra e aos deportistas becados polo CGTD. 

Amparo Porta, presidenta do CN Galaico, valorou positivamente a nova, aínda que lembrou que non é "a solución ideal. Ademais, a auga está máis fría e iso dificulta os adestramentos, sobre todo cos máis pequenos".

O club vese afectado estruturalmente pola situación. O feito de non dispoñer do vaso grande faille renunciar á participación na proba da Copa de España que se levará a cabo en Lugo.

Ademais, a primeira proba calendada para a infraestrutura, o Campionato de Galicia de longa distancia que estaba previsto que se celebrase na piscina de 50 metros de Rías do Sur o próximo sábado, pasa para o CGTD. 

"Teremos que facer un esforzo de montaxe para poder habilitar as corcheiras que delimitan os carreiros e trasladar o podio e a megafonía, que estaban no complexo, e mesmo as cadeiras", manifestou 

Con todo iso supón un mal menor. O verdadeiro problema son os efectos que está a padecer a calidade de preparación dos deportistas, que se está a resentir notablemente. "Non ter a maior dispoñibilidade limítanos moito", aclarou Porta, que está a expensas dunha reunión dos clubs co alcalde, chegado o luns de Abu Dhabi, para poder abordar o problema.

A pesar da ampliación dos prazos, a moratoria non foi solución para o Club Galaico Sincro, que principiou a adestrar este ,martes na Escola Naval Militar de Marín. A razón, a baixa temperatura da auga da piscina de 25 metros do Complexo Rías do Sur. 

Como explicou o presidente da entidade, José Maquieira, a enerxía calorífica que achega Ence para o quecemento da auga non é dabondo para xerar unha sensación confortable para as deportistas mentres realizan as rutinas. A imposibilidade de prender a climatización por motivos económicos (é moi custoso), que melloraría a sensación térmica exterior e ao mesmo tempo axudaría a conservar unha adecuada temperatura dentro da piscina de 25 metros, non favorece que haxa un clima agradable para as nadadoras.

Maquieira amosouse algo pesimista con respecto ao futuro. Teme que a falta de instalacións lles faga perder deportistas que están principiando coa actividade e lles limite a captación. Ademais, os recursos económicos que o club reservaba en caixa esgotáronse, de maneira que tamén se ven ameazados para facer fronte a pagamentos das nóminas das adestradoras. "Si esto sigue así, vamos a tener que cerrar", expresou o dirixente como conclusión do que estaba a acontecer. 

"No se trata de buscar una solución a corto plazo, hay que pensar a largo plazo, en la viabilidad y la vida de los clubes", asegurou. Maquieira traballa nunha reunión con tódolos clubs afectados.

Más en Deporte Local Pontevedra
Comentarios