O Fútbol a Pé chega a Pontevedra co programa A Vida é Movernos

Trala súa suspensión por mor do mal tempo, esta agardada actividade disputará a súa primeira xornada este venres 6 de maio
Un entrenamiento de fútbol a pie en Coia. RFEF
photo_camera Un adestramento de fútbol a pé en Coia. RFEF

O programa A Vida é Movernos, impulsado pola Concellería de Deportes, Actividade Física e Saúde, celebrará finalmente este venres 6 de maio a súa primeira xornada de divulgación da disciplina de Fútbol a Pé despois de que o mal tempo obrigase a adiar esta actividade. O deporte comezará ás 16.00 e extenderase ata as 21.00 horas. Trátase dunha iniciativa de balde na que poderá participar xente de calquera idade, sen importar o estado de saúde ou forma física, e que se levará a cabo na avenida de Montero Ríos. 

Os interesados poderán inscribirse a través do número de teléfono 610704450, ou do correo electrónico [email protected]. Para máis información pode consultar a súa páxina web: https://futbolapie.com/

A do próximo venres será a primeira das xornadas deste programa, que manterá o calendario previsto para as seguintes datas: o 20 de maio, no marco da Feira da Saúde PonteSán, e o 17 de xuño. O tenente alcalde e concelleiro de Deportes, Tino Fernández, acudirá ao evento para mostrar as súas destrezas nesta disciplina que cada ano conta con máis seguidores.

Este deporte conta con algunhas normas peculiares: non se poder correr; non hai contacto físico; permítense tres contactos de balón antes da acción técnica posterior; se un xogador do equipo que defende queda no campo contrario cando encaixa o gol, ese vale dobre; os partidos xóganse nunha superficie de 60x30; dispútase con cinco xogadores de campo máis o porteiro, entre outras.

Comentarios