miércoles. 25.05.2022 |
El tiempo
miércoles. 25.05.2022
El tiempo

A Gimnástica logra un brillante pero amargo segundo posto na segunda xornada de Liga

281382873_5124692760946267_1035053797935269735_n
281382873_5124692760946267_1035053797935269735_n
O conxunto pontevedrés logrou tres vitorias parciais no cadrangular contra o Playas de Castellón, o Tenerife e o AA Catalunya

A Sociedad Gimnástica logrou unha brillante segunda posición con 170 puntos na segunda xornada de División de Honor que se disputou este sábado en Barcelona, pero non logrou o seu pasaporte para a final polo título por un puñado de puntos.

O conxunto masculino pontevedrés rematou con 170 puntos, só superado polo gran favorito para o título e vixente campión, o Playas de Castellón, que fixo bos os prognósticos para imporse con absoluta solvencia perante os seus rivais (214 puntos).

Os lerezanos superaron ao Tenerife Caja Canarias, que fora segundo do seu cadrangular na primeira xornada (160 puntos).

O anfitrión, o AA Catalunya, rematou na cuarta e derradeira posición con 134 puntos.

O bloque pontevedrés obtivo tres triunfos en chan catalán: Iñaki Cañal varreu aos seus contrincantes nos 400 metros lisos para chegar primeiro á liña de meta cun notable rexistro de 46.36.

Hassan Izzedine deu a sorpresa nos 800 metros para ocupar o primeiro lugar cun tempo de 1:51.88. No medio do incontestable dominio do Playas de Castellón, os pontevedreses foron quen de lograr o primeiro lugar no relevo 4x100, aproveitando as descalificacións do propio Playas de Castellón e do AA Catalunya.

Iñaki Cañal en 400 lisos, Hassan Izzedine en 800 metros e o cuarteto do 4x100 foron os triunfadores da escadra ponteveresa

Javier Jiménez, Oriol Madì, Jordi Fossas e Sergio Rodríguez detiveron o cronómetro en 40.98, suficiente para seren primeiros.

Ademais, o cadro da cidade do Lérez obtivo posicións de honra noutras probas. Foi o caso dos 200 metros, nos que Oriol Madì debeu conformarse coa segunda posición, por detrás de Daniel Rodríguez do Playas. Segundo tamén foi Daniel Chamosa na marcha. O atleta da cidade do Lérez só foi superado nos 5.000 metros por José Ignacio Aledo, tamén do conxunto castellonense.

Carlos Revuelta, en lanzamento de martelo, principiaba ben os concursos para os brancos e celestes cun segundo lugar amparado nunha marca de 58.71 metros.

O relevo 4x400 acabou no segundo lugar, por detrás do Tenerife. Correron polo cadro pontevedrés David Abalde, Eduardo Gallardo, Roberto Tello e Iñaki Cañal para faceren un 3:17.30.

As terceiras posicións da tarde foron para Anxo Blanco en lonxitude, Manuel Anxo Simón en lanzamento de disco, Roberto Tello en 400 valos, Anxo Blanco en triplo salto e Francisco López en 110 valos. 

O cadro pontevedrés competiu dunha maneira magnífica para un segundo lugar algo amargo.

A Gimnástica logra un brillante pero amargo segundo posto na...
Comentarios