A Gladiator Race regresa con 30 divertidos obstáculos e propostas para todas as idades 

Case 2.000 deportistas daranse cita na Illa do Cobo para unha competición que arranca ás 12.00 horas do sábado coas probas infantís

RAFA IMPORTANTE MUCHAS FOTOS: GLADIATOR RACE: ILLA DAS ESCULTURAS: DESCRIPCION
sábado, 3 de junio de 2017
16:00 - 20:00
ILLA DAS ESCULTURAS mapa
photo_camera Participantes na pasada edición da Gladiator Race. RAFA FARIÑA

A Gladiator Race regresa este sábado a Pontevedra á contorna do Lérez. A proba celebrarase na Illa do Cobo e arredores.

A carreira chega a súa sexta edición consolidada como evento deportivo para toda a familia e cunha ampla participación de case 2.000 deportistas. Trátase dunha das competicións de obstáculos máis prestixiosa de Galicia e disputarase a través da illa, o campus, Tafisa, as sendas do Lérez e o parque do Miradoiro de Monte Porreiro.

No percorrido dispóñense 37 obstáculos de escaladas, pasos sobre as augas do río, cordas e ducias de modalidades máis que conforman o itinerario.

As competicións comezan ás 12.00 horas coas probas infantís para toda a familia (poden ir acompañados de maiores), xa que hai modalidades para criaturas de 3 a 6 anos (de 800 metros) e de 7 a 12 anos (1.200 m).

Xa pola tarde, ás 16.00 comeza a carreira longa de adultos, Gladiator Warrior, con 11 kilómetros e 30 obstáculos; e ás 6 da tarde comeza a versión de 6 kilómetros, a Gladiator Rocket, con 20 obstáculos, para persoas que desexan realizar un percorrido menor. A proba non é competitiva, pero é preciso que cada participante leve o seu dorsal. 

Gladiator flyer P

Comentarios