Gómez Noya non participará no Mundial de Ironman por covid

O pentacampión do mundo de triatlón confirmou na súa conta de Instagram a súa ausencia na proba por mor da enfermidade
Gómez Noya en el Mundial multideporte que se celebró en Pontevedra en 2019.
photo_camera Gómez Noya, no Mundial de longa distancia que venceu en Pontevedra en 2019. ADP

Javier Gómez Noya non poderá participar no Campionato do Mundo de Ironman que se disputará en ST George. O ferrolán de Pontevedra confirmou este xoves que deu positivo, o que lle impedirá estar en disposición de participar na proba, que se levará a cabo no estado estadounidense de Utah, na localidade de ST George, o sábado 7 de maio.

Gómez Noya fixo oficial a nova a través da súa conta de Instagram. "Hoxe xa debería de estar en St George: ese era o meu plan. En cambio, a realidade é ben distinta, xa que agora mesmo estou en cama, con covid. Conseguín esquivar o virus durante dous anos, pero finalmente golpeoume nun momento bastante inoportuno. Malia ter a pauta de vacinación completa, estame a dar bastante forte, con febre, dor de gorxa, cabeza, muscular...".

"Agora mesmo estou en cama, con covid. Malia ter a pauta de vacinación completa, estame a dar ben forte"

"Así que nesta situación creo que non sería nin realista nin responsable competir en dúas semanas nun Campionato do Mundo de Ironman. É algo moi duro, porque levaba moitos meses preparando a carreira, fóra de casa, adestrando moito e sorprendido co meu rendemento, desexando mostrar a miña mellor versión na longa distancia". 

"Desafortunadamente, iso vai ter que esperar. Agora a  miña prioridade é recuperarme totalmente e procurar novos obxectivos. Temos outro mundial en outubro e agardo poder competir en outro ironman potente este verán", explicou o campión mundial. 

Comentarios