Cerponzóns homenaxea aos seus deportistas

A asociación de veciños 'O Chedeiro'  inaugurou o pasado domingo unha exposición de carácter permanente que ten como obxectivo recoñecer e visibilizar aos atletas máis laureados da parroquia
Presentación da exposición sobre os deportistas da parroquia de Cerponzóns. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera Presentación da exposición sobre os deportistas da parroquia de Cerponzóns. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

Ás veces olvídasenos a importancia que ten a identidade, sentirse incluido dentro dun grupo social. A Asociación de Veciños O Chedeiro da parroquia de Cerponzóns coñece esta relevancia, como sabe que o deporte e sentirse orgullosos dos seus deportistas son elementos chave para crear esta identidade. Por iso, Cerponzóns homenaxea aos seus deportistas máis exitosos a través dunha exposición permanente inaugurada o pasado domingo ao mediodía.

Deportistas, políticos e veciños foron convidados pola AA.VV. "O Chedeiro" ás once da mañá do pasado domingo para a inauguración desta exposición fotográfica, que se sitúa nunha das dúas aulas do antigo colexio da parroquia.

Segundo a dirección da asociación, o evento transcurriu con "normalidade", ademais, o describen como "unha mañá moi agradable, moi emocionante para recoñecernos entre todos". Ao comezo da inauguración, repartíronse unhas revistas nas que se explicaba a función da exposición e se mostraban unha serie de imaxes dos homenaxeados. A mensaxe que a asociación veciñal buscaba transmitir era a importancia do deporte para unha mellor calidade de vida.

O obxectivo principal desta exposición é dar a coñecer aos deportistas más laureados de Cerponzóns porque "ás veces falas con algún veciño destes deportistas e non os coñecen", explica o secretario de O Chedeiro, Juan José Esperón. Ademais, os homenaxeados son "exemplo para todos de dedicación e estilo de vida saudable".

De feito, a inauguración tamén serviu para que os veciños e os representantes políticos puidesen manter contacto e falar con algún dos deportistas homenaxeados.

Víctor Gallego, Miriam Vieitez, Rogelio Barragáns, Chus Sangüos e Adrián Esperón foron algúns dos atletas da parroquia que asistiron ao acto. Todos eles son grandes figuras dentro do deporte galego,

De feito, Víctor Gallego converteuse fai tres semanas no atleta galego máis laureado de todos os tempos. Gallego, lanzador da Gimnástica tanto de peso como de disco, logrou 20 ouros ao longo da súa carreira.

A exposición ten o apoio do Concello de Pontevedra, que contou con representación neste acto de homenaxe. O concelleiro de Educación, Deportes, Actividade Física e Saúde, Tino Fernández, e o concelleiro de Benestar Social, Marcos Rey, acudiron ao acto como representantes do goberno local, xunto ao enviado polo Partido Popular, Martín Martínez, e a concelleira do BNG, Pilar Comesaña.

EXPOSICIÓN. O antigo colexio da parroquia contaba con dúas aulas que, na súa época, estaban adicadas unha para os nenos e outra para as nenas. Agora, unha é unha biblioteca e a outra atopábase baleira ata que se propuxo a creación desta exposición, que se basea nunha serie de fotos de todos os deportistas homenaxeados cunha pequena descripción nas que se explican os seus maiores logros deportivos.

A recolección das fotografías foi unha tarefa "ardua", en palabras de Esperón, pero que contou coa colaboración de varios axentes incluindo aos propios deportistas.

Más en Deporte Local Pontevedra
Comentarios