Honores para os heroes

A Deputación recoñece aos pontevedreses paralímpicos en Tokio 2020
undefined
photo_camera Os deportistas paralímpicos recibidos na Deputación. CEDIDA

A Sala Rosalía da sede viguesa da Deputación presidida por un Grazas foi testemuña da homenaxe e agradecemento da provincia de Pontevedra aos deportistas que participaron nos Xogos Paralímpicos de Tokio, entre os que se atopaba o pontevedrés bronce en tiro Juan Saavedra.

Carmela Silva, acompañada do deputado de deportes, Gorka Gómez, recibiron os paralímpicos, en palabras da presidenta "verdadeiras heroínas e heroes desta sociedade".

Os deportistas falaron con gratitude tralo visionado dunha peza audiovisual na que os dez foron presentados. Os paralímpicos da provincia asinaron no Libro de Honra da Deputación e recibiron un agasallo da institución. Todos coincidiron no seu agradecemento ao apoio da institución provincial.

Deportistas paralímpicos da provincia, este mércores, coa presidenta da Deputación. DP.jgp

Juan Saavedra sinalou a importancia de impulsar as novas xeracións e demostrou o espírito incansable que comparte cos seus compañeiros: "Tokio rematou o domingo, e xa estamos a prepararnos para París".

Susana Rodríguez —medalla de ouro en triatlón e diploma en 1.500 metros— amosou a súa alegría pola completa representación en canto a número e variedades deportivas na provincia e recalcou que "é importante que a figura dos deportistas de apoio se vaia tratando por igual, porque sen eles, as persoas con diversidade funcional visual non poderíamos adestrar".

Celso Comesaña —deportista de apoio de Susana Rodríguez— incidiu nese papel que o sitúa, xunto a Gustavo Rodríguez, en pioneiros en Galicia, para resaltar o fundamental do apoio das institucións no deporte de apoio.

Pola súa banda, o deportista de apoio e medalla en prata en Triatlón, Gustavo Rodríguez, celebrou o agarimo e a axuda que están a recibir tras os Xogos. "Nos deportes minoritarios non estamos acostumados a recibir tantas mostras de apoio".

Tamén falou Agustín Alejos —diploma en baloncesto—, que expresou as súas ganas por seguir adestrando e traballando para ter máis opcións nas seguintes citas.

Chano Rodríguez —diploma en natación nas probas de 50 e 200 libres— puxo en alza o feito de que "chegar aquí non só e un esforzo físico, senón económico, e Galicia e Pontevedra están avanzando a pasos axigantados neste senso"; algo no que coincidiu Gustavo Nieves —diploma olímpico en atletismo—, "falando con outros compañeiros dámonos conta de que o apoio que recibimos aquí e maior ca o doutros sitios".

Martín de la Puente —diploma en tenis— agradeceulle ao ente provincial o recibimento. "Sempre é especial vir á casa e que te reciban cos brazos abertos".

10 dos 16 galegos, de Pontevedra
Nos Xogos, a expedición galega estivo formada por 16 deportistas, dos cales 10 son da provincia pontevedresa. Susana Rodríguez, Juan Antonio Saavedra, Celso Comesaña, Gustavo Rodríguez, Agustín Alejos, Chano Rodríguez, Gustavo Nieves, Martín de la Puente, xunto a Desirée Vila e María Victoria Alonso que non puideron asistir á recepción, colaboraron de forma decisiva en que o equipo español acadase 36 medallas (9 de ouro, 15 de prata e 12 de bronce) e 131 diplomas. Tres das cinco medallas obtidas por galegos e dez dos quince diplomas foron dos deportistas da provincia.

Más en Deporte Local Pontevedra
Comentarios