martes. 30.11.2021 |
El tiempo
martes. 30.11.2021
El tiempo

Hurtado e Brea, reis no Medio Maratón de Pontevedra

O lucense da Gimnástica conseguíu o seu cuarto triunfo na carreira, mentres que a venezolana repetiu o éxito do curso pasado

Manuel Hurtado e Edymar Brea ampliaron o seu notable palmarés no Gran Fondo Medio Maratón de Pontevedra coa consecución do seu cuarto e segundo triunfo respectivamente. Hurtado convértese no primeiro home en alcanzar os catro títulos, un rexistro que levaba perseguindo durante varias temporadas e que por unhas circunstancias ou outras se lle estaba a resistir. O representante da Sociedad Gimnástica rematou a proba cunha marca de 1:07.33.

No segundo lugar da carreira absoluta finalizou Carlos Villamor, mentres que na terceira praza concluíu Álvaro Prieto, o Raymond Poulidor da Media, o que máis podios da proba atesoura sen chegar a gañala (aínda). Dous segundos e un terceiro lugar acumula o cangués nas últimas tres edicións.

Edymar Brea dominou de principio a fin a carreira feminina e plantouse na liña de meta cunha marca de 1:17.48, no que foi unha verdadeira exhibición.

<< TODA A INFORMACIÓN, ESTE LUNS NA EDICIÓN IMPRESA DE DIARIO DE PONTEVEDRA >>

Hurtado e Brea, reis no Medio Maratón de Pontevedra
Comentarios
ç