Indepo, a casa de todos

En algo máis de oito anos de vida, o club foi incrementando número de licenzas e de equipos ata alcanzar os 130 deportistas. A entidade ten a porta aberta para tódolos xogadores, independentemente da experiencia e as cualidades
Foto de familia do Indepo. GONZALO GARCÍA
photo_camera Foto de familia do Indepo. GONZALO GARCÍA

Paso a paso. Lenta pero seguramente e con boa letra, o Indepo estase afianzando dentro do panorama futbolístico de base de Pontevedra.  130 rapaces, sete equipos en competición e coas escolas deportivas en funcionamento, o Integración Deportiva Pontevedra consolidou a súa maneira de facer as cousas dentro do mosaico balompédico pontevedrés.

O club naceu da man de Fernando Moreno, presidente e fundador, en 2015. A intención era crear un modelo de club feito á súa imaxe e semellanza, aproveitando os coñecementos adquiridos na súa experiencia de adestrador noutros clubs, pero ao mesmo tempo achegando a súa visión particular. Un grupo de técnicos, como Manuel Pereira, uníronselle para dar vida a un proxecto aínda novo, pero que vai camiño da década de vida, cada vez coas bases máis sólidas.

O club ten unha máxima por enriba de todo: non pecha portas a rapaces nin rapazas independemente da súa formación previa ou idade. Aínda que non conta con moitas nenas baixo o seu acocho, quere ampliar a presenza feminina. Pero sobre todo quere que calquera menor con azos por practicar deporte poida aprender baixo o paraugas do club.

                      1.
Equipo alevín B. GONZALO GARCÍA

"Cualquier jugador que quiera incorporarse, es admitido. Sea mejor o peor. No le decimos a ninguno que no. Ayudamos a todos los que podemos. Aunque no tengan base, aunque empiecen a jugar y nunca lo hayan hecho antes, intentamos incorporarlos", explica Javi Touza, coordinador deportivo da entidade. "La filosofía es ayudar e integrar a todos para hacer equipo".

Iso non provoca que os xogadores formados desde o principio na entidade teñan menos importancia que os novos. De feito, o club vai promocionando de maneira permanente os rapaces e consolidando grupos.

Equipo benxamín. GONZALO GARCÍA
Equipo benxamín. GONZALO GARCÍA

Polo de agora carece de equipo xuvenil, xa que os primeiros nenos, os que deron orixe á entidade cando se fundou, están agora na categoría cadete. O Indepo medra sobre todo por abaixo: cando os nenos saltan á categoría superior, o club forma un novo equipo de prebenxamíns ou benxamíns que abastecerá as seguintes categorías. Moitos dos xogadores actuais da categoría máis elevada, a de cadetes, están desde o primeiro día alí.

O feito de conceder un valor superior á formación e á integración non motiva que a entidade abandone as cualidades competitivas. De feito, conta coa meirande parte das escadras na Primeira Autonómica, tras oito anos de existencia. Tómano en serio e intentan transmitir competitividade á vez que valores lúdicos e educativos.

Equipo infantil. GONZALO GARCÍA
Equipo infantil. GONZALO GARCÍA

A próxima temporada chegará o momento de crear o equipo xuvenil e dentro de tres anos aparecerá o dilema: formar un conxunto sénior ou non?. Non é unha cuestión que se plantexen agora nin que estea resolta. "No lo hemos abordado todavía, aunque tampoco lo descartamos" asegura Touza sobre ese asunto.

O club organizou durante anos un torneo de base e agora conta como principal actuación de captación o Campus Laranxa, que cita durante 15 días a rapaces do club ou de fóra del para realizar unha sesión de adestramentos con carácter deportivo e lúdico en xullo.

Equipo alevín A. GONZALO GARCÍA
Equipo alevín A. GONZALO GARCÍA

Ata agora, o terceiro posto do seu equipo prebenxamín foi un dos grandes fitos da entidade. Moitos deses nenos promocionaron a clubs con estruturas máis fortes, como o Pontevedra ou mesmo o Celta. Para o Indepo é motivo de orgullo. "Si podemos ayudarlos a llegar, es una satisfacción".

Desde a entidade destácase a axuda que reciben do Concello e a Deputación, así como de Ence, sen os que non sería posible desenvolver o labor e medrar como o fixo.

Equipoo cadete B. GONZALO GARCÍA
Equipoo cadete B. GONZALO GARCÍA

Na súa cadea temporal e de ciclo deportivo, un dos seguintes obxectivos é motivar os rapaces máis novos para que vaian adquirindo paixón polo fútbol, ata convertérense en adestradores das categorías base. Algún neno amosou interese por esa actividade que desenvolve un grupo de seis adestradores titulados e outros dous en proceso formativo, coa axuda dos delegados de equipos.

Todos ao servizo dun club que aínda non alcanzou o seu teito.

Equipo cadete A. GONZALO GARCÍA
Equipo cadete A. GONZALO GARCÍA

Más en Deporte Local Pontevedra
Comentarios