martes. 21.09.2021 |
El tiempo
martes. 21.09.2021
El tiempo

A inesgotable fonte do Cisne

O bloque pontevedrés contará nas súas ringleiras con oito xogadores canteiráns de 21 anos ou menos. DAVID FREIRE JOSÉ LUIZ OUBIÑA GONZALO GARCÍA
Álvaro Preciado.
O Dicsa Modular dobra a aposta pola canteira con oito xogadores formados na casa menores de 21 anos e o reforzo da súa base e o futuro con catro dos mellores talentos xuvenís de España

Competir desde o berce. Esa é a política deportiva que adoptou o Club Cisne e que se traslada ao seu primeiro equipo, o Dicsa Modular. O plantel da presente temporada será un dos que teña a media de idade máis baixa da historia do club.

O proceso de rexuvenecemento constante do plantel que dirixe Jabato chega á súa máxima expresión nun curso 21-22 no que o obxectivo é ser altamente competitivo, sen renunciar a nada, nunha categoría que se prevé especialmente complexa.

O bloque pontevedrés contará nas súas ringleiras coa presenza de oito xogadores canteiráns de 21 anos ou menos, practicamente todos eles con serias posibilidades de gozar de protagonismo o curso que comeza. Trátase dos xuvenís de ouro Carlos Álvarez, André de Moura, Diego López, Dani Virulegio e Román Arboleya, os catro últimos con ficha na SAR, aínda que algúns ou todos xogarán co primeiro equipo. A eles hai que sumarlles aos xa asentados no equipo Mateo Arias (ficha na SAR), Álvaro Preciado e Dani López. Bruno Vázquez e o xogador de primeiro ano en séniores Marco García de Castro xogarán no equipo choqueiro, filial cisneísta.

Ademais, a entidade pontevedrésa dispón de outros canteiráns veteráns en nómina que forman a columna vertebral do conxunto nos últimos tempos (Pablo Picallo, Javiva, Juan Novás, Álex Chan e Andrés Sánchez) e dun grupo de xogadores xa afianzados no colectivo desde hai varios anos e que son asumidos como homes da casa pola directiva da entidade (Carlos Pombo, Iván Calvo, Alejandro Conde e Pablo González). Ningún deles supera a barreira dos 30 anos. Só o fai o "pai" do conxunto, o arqueiro Jorge Villamarín.

Ninguén supera a barreira dos 30 anos, agás o arqueiro Jorge Villamarín

O club deu un troco na política de captación: ampliou fronteiras para facerse cos servizos de algúns dos mellores rapaces das categorías base de España. Catro novos xogadores con esas características competirán no próximo exercicio, alternando o primeiro equipo co xuvenil, para construir futuro e seguir sendo un referente na base. Todo baixo o proveitoso convenio de colaboración que mantén o club co colexio Los Sauces.

O obxectivo é sempre procurar no mercado homes que acheguen solucións naquelas demarcacións nas que máis escaseza de talento local: xogadores con grande estatura para a primeira liña e poderosos lanzadores. As catro novas figuras que sacarán a relocer o seu talento en Pontevedra serán o porteiro titular da selección española da súa categoría, Abián, procedente do Galdar canario. O lateral esquerdo Carlos Morales, do Villafranca de Guadalajara, xogador de 1,96 metros de estatura e en primeiro ano de xuvenil, e dous laterais dereitos: Marko Ojeda, fichado do Bermudas canario (aos seus quince anos, con dous metros de estatura, ten tódalas cualidades para ser unha das estrelas da súa promoción en España) e Carlos Ocaña, xogador xa consolidado, aínda xuvenil, pero que xa gozou de moitos minutos en Prata en Ciudad Real.

Mesmo nas fichaxes, a entidade intenta apuntar cara promesas do balonmán nacional ou internacional. Ter anos parece contraindicado polo doutor do club. As fichaxes que deben dar un salto de calidade ao conxunto son de rapaces cun gran potencial. Neste grupo atópanse o poderoso lanzador luso Daniel Neves (20 anos) e o pivote ucraíno de 19 anos Yevhen Lysak.

Os técnicos non deixan de mirar cara a canteira. Porque na SAR de Redondela tamén actuará o pivote Iago Vidal e no xuvenil estarán xogadores como o extremo zurdo Sequeiros e o porteiro xuvenil de primeiro ano Hugo, que xa tivo minutos co primeiro plantel no amigable contra Aguasantas.

Captura

A inesgotable fonte do Cisne
Comentarios
ç