Os insubstituibles de Luisito

Xisco Campos, Imanol García e Álex González son os tres futbolistas do Pontevedra que levan disputados os 450 minutos desde que regresou o adestrador de Teo ao banco ? Oito xogadores foron titulares en tódolos partidos
Rufo celebra o seu gol contra o Cruxo xunto a Imanol García e Oier Calvillo, outros dous titulares imprescindibles de Luisito. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera Rufo celebra o seu gol contra o Coruxo xunto a Imanol García e Oier Calvillo, outros dous titulares imprescindibles de Luisito. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

Xisco Campos, Imanol García e Álex González son os insustiubles de Luisito. Os tres xogadores disputaron os cinco partidos íntegros desde a chegada do adestrador teense. Os primeiros encontros do técnico deron tempo para volver á súa variedade de trocos tácticos de un partido para outro e mesmo dentro dun mesmo partido. E esas alternativas nos trocos vense reflectidas nos minutos disputados polos seus xogadores e serven para establecer unha orde de preferencias actual por algúns dos seus homes.

No caso de facer trocos para ir ao ataque, Luisito prefire outorgarlle a banda esquerda completa a Álex González para ter profundidade que concederlle a dereita enteira a calquera outro futbolista. Como consecuencia desa situación, Eneko Zabaleta foi máis veces substituido ca Aitor Núñez. O lateral dereito madrileño foi un dos grandes beneficiados do Pontevedra trala chegada do preparador de Teo. Disputou os cinco enfrontamentos como titular e só foi reemprazado en unha ocasión, en Riazor, onde o PCF intentou ir a polo partido na segunda metade. Zabaleta, en cambio, foi cambiado en catro oportunidades: é habitual en Luisito dar relevo a un defensa para buscar unha proposta máis ofensiva. Iso ocorreu en tres das catro ocasións.

ÁLVARO POR MARIO. Ademais de Aitor, que pasou de ser suplente en moitos partidos con Jesús Ramos a ser titular sempre con Luisito, houbo outros beneficiados, en termos de minutos disputados, co adestrador granate. Álvaro Cortés fíxose coa titularidade na portería en detrimento de Mario Fernández. O madrileño, que xa tivera unha notable actuación na Copa do Rei, xogou os dous últimos partidos de Liga en detrimento do arqueiro cántabro.

Os que tamén parecen irremplazables son Rufo e Charles. O nove madrileño só descansou seis minutos despois da súa exhibición contra o Salamanca e o brasileiro foi ao banco únicamente catro minutos no partido do domingo perante o Coruxo do domingo pasado.

Oier Calvillo é o oitavo home que foi titular en tódolos enfrontamentos desde o retorno de Luisito. O extremo vasco foi sustituido en tódolos encontros. En un deles, contra o Compostela, na primeira parte. É o único dos oito indispensables do teense que non completou ningún dos cinco choques que se xogaron desde que apareceu na escena o técnico de Teo.

Defensa e media. Nesta nova estadía á fronte do equipo, o preparador teense fixo trocos na portería, no centro da defensa e no centro do campo: A recuperación de Víctor Vázquez despois da súa lesión fixo que Pol Bueso saíse do equipo de partida.

O de Castellón disputou os tres primeiros envites de partida, mentres que o Churre xogou os dous máis recentes.

Na demarcación que máis baile se produciu foi no centro do campo. O que parecía terreo propiedade de Damià Sabater nas primeiras citas de Luisito, cambiou no encontro ante o Deportivo, para o que Luisito empregou un esquema diferente e deu acceso ao once por única vez a Jorge Fernández.

Adrián Cruz, xa recuperado dos seus problemas físicos, foi titular na cita da fin de semana contra Coruxo despois de dispoñer de minutos de calidade en Riazor fronte ao Deportivo.

É ata lóxico que iso suceda se se ten en consideración que a medular é un dos lugares no que máis pezas contrastadas ten o Pontevedra e tamén unha das zonas do terreo que máis se pode ver afectada polos trocos e necesidades tácticas do conxunto.

Os trocos foron similares nos tres primeiros enfrontamentos, pero mudaron nas últimas sesións. A cousa cambiou contra o Deportivo e o Coruxo, ata o punto de que o único que disputou tódalas citas saíndo desde o banco foi Óscar, autor de gol no último envite. O estremo aproveitou ao máximo os 52 minutos (algo máis 10 de media) de que dispuxo.

En total, Luisito empregou 18 homes nos cinco choques que se levan xogados. Pitu, Santi Figueroa e Iñaki seguen a agardar pola súa oportunidade.

O mesmo once en tres partidos

Luisito fixo o mesmo once inicial en tres enfrontamentos consecutivos, os tres primeiros desta segunda etapa súa no banco de Pasarón. Mario Fernández, Aitor Núñez, Xisco Campos, Pol Bueso, Eneko Zabaleta, Imanol García, Damià Sabater, Oier Calvillo, Charles, Álex González e Rufo foron os protagonistas escollidos nesas primeiras citas. Pero ademais, tamén lle deu acceso ao terreo de xogo aos mesmos futbolistas desde o banco: Jorge Fernández, Borja Martínez e Óscar Fernández. Os tres completaron os 14 nomes que disputaron os encontros frente ao Guijuelo e o Salamanca. A eles uníuselles Martín Diz fronte ao Compostela, duelo no que xogaron 15 futbolistas.

Comentarios