Jorge Janeiro e María Aurora González dan brillo a San Brais

O campión do Mundo de duatlón máster e a atleta do CD Pinarium impuxéronse no regreso da proba tras cinco anos de parón
O aparcadoiro do Centro Comercial Carrefour foi o centro da actividade das categorías base. JAVIER CERVERA- MERCADILLO
photo_camera O aparcadoiro do Centro Comercial Carrefour foi o centro da actividade das categorías base. JAVIER CERVERA- MERCADILLO

Jorge Janeiro, do Athletics Fisioterapia, impúxose na décima edición da Carreira Pedestre San Brais no que significou o regreso do atletismo ao lugar de San Brais e á parroquia de Salcedo despois dun lustro de proba.

O campión do mundo de duatlón master exhibiu as súas cualidades no esixente circuito de Salcedo e rematou cun rexistro de 22.19 sobre os seis kilómetros e medio que cumpuñan a proba absoluta. O de Bértola logrou unha cómoda vantaxe sobre os seus perseguidores e estivo acompañado nos postos de honra por Ismael Lago, do San Miguel de Marín, que finalizou con 22.41 no segundo lugar, nun final algo máis apurado na súa pelexa con Raúl Corrales, do Samertolameu, que rematou na terceira posición cun rexistro de 22.45.

undefined

María Aurora González, do CD Pinarium, foi a muller máis rápida. Unha das grandes clásicas do atletismo da comarca e de Galicia que rematou cun rexistro de 28.03, que lle serviu tamén para imponerse na categoría Master 50. Ángeles Iglesias, do Moraña en Ruta, foi segunda entre as mulleres con 28.44 na liña de meta. O podio feminino foi completado por María Iglesias, tamén do CD Pinarium, que finalizou con 28.57.

A xornada de atletismo festiva na parroquia de Salcedo tivo como cómplice unhas magníficas condicións climatolóxicas, tempo solleiro e unha agradable temperatura para ser últimos de xaneiro, lonxe das chuvias que acompañaron aos deportistas na edición celebrada hai cinco anos, en 2017, a última vez que a festa do atletismo chegara a San Brais.

 amplia cobertura fotos de muchas carreras HQR CARREIRA DE SAN BRAIS NO PARKING DE CARREFOUR COMPITEN OS PEQUENOS QUE EMPEZAN AS 11 30 OS MAIORES COMEZAN AS 12 30 E CORREN POR SAN BLAS E SALCEDO FOTOS PARA GRAFICA

Non foi a única proba que se levou a cabo, senón que tamén houbo lugar para a festa do deporte dos máis pequenos. Como boa carreira popular, a Pedestre de San Brais está aberta a tódolos públicos. En total, máis de 300 deportistas se vestiron de curto para atravesar as estradas de Salcedo ou o espazo destinado para a proba nos terreos do Carrefour.

A afección e os veciños puidéronse achegar, respectando as normas de seguridade anti-Covid-19 para evitar riscos de contaxios, gozar das evolucións dos deportistas e darlles folgos.

O Centro Comercial Carrefour foi o campamento base que acolleu as diferentes carreiras dos grupos de idade para os menores de idade. Desde a momento de comezo da proba, os atletas máis miúdos percorreron as distancias sobre o aparcadoiro, no que se situou o punto de partida e chegada da competición. Nenos de menos de catro anos puxeron de manifesto que o atletismo é un dos deportes máis propicios para tódalas idades: só son precisos uns tenis e botar a correr.

undefined

Desde os rapaces menores de catro anos ata os cadetes e xuvenís, estes en menor número que os das demais categorías, puideron poñer en práctica as súas habilidades atléticas.

A carreira de San Brais cumpriu dez edicións coa disputa da proba de este domingo, Durante algúns anos serviu para inaugurar o Circuíto de Carreiras Populares de Pontevedra, pero desde o 2017 deixou de celebrarse ata este domingo.

Cruces e Filgueira, Trofeo Julio Bernal
Foron 135 os deportistas sénior os que completaron o percorrido. O último tamén foi un dos que máis mérito tivo. O veterán Manuel Cruces, que percorreu o terreo en 52.37 minutos, foi, aos seus 78 anos, galardoado co Trofeo Julián Bernal como atleta de máis idade, xunto con Ángeles Filgueira, que non só rematou no podio, senón que aos seus 53 anos o fixo como a máis veterá.

O Trofeo rende homenaxe a Julián Bernal, atleta ferrolán falecido.

Comentarios