Líder de Segunda División B

O Pontevedra ocupa a cabeza empatado co San Sebastián de los Reyes trala primeira xornada de Liga ►Non era primeiro da táboa desde a trixésimo cuarta xornada da 2007-08
Os xogadores do Pontevedra abrázanse despois do gol de Álvaro Bustos contra o Coruxo. DAVID FREIRE
photo_camera Os xogadores do Pontevedra abrázanse despois do gol de Álvaro Bustos contra o Coruxo. DAVID FREIRE

O Pontevedra Club de Fútbol é o primeiro líder do grupo I da Segunda División B. O equipo encabeza a táboa despois de vencer na primeira xornada, o pasado sábado, contra o Coruxo en Pasarón (2-0). O mesmo resultado válelle ao San Sebastián de los Reyes para estar igualado cos granates no máis alto da clasificación. Os madrileños bateron co mesmo resultado ao Racing de Ferrol, o seguinte adversario do once da cidade do Lérez.

O Pontevedra non era líder de Segunda B desde o remate da campaña 2007-08, no que disputou o play-off de ascenso ás ordes de Javi Gracia. Na trixésimo cuarta xornada daquela competición, o once granate batera ao Celta B e aproveitara a igualada do Rayo Vallecano contra o Lanzarote para quedar só no primeiro lugar da clasificación. Na seguinta xornada, os da cidade do Lérez caeron contra o Universidad de Las Palmas e xa non puideron volver a ocupar a ser líderes.

Nas dúas campañas seguintes ocupou postos de promoción de ascenso en diferentes semanas do curso, pero nunca a cabeza ao remate dunha xornada. Disputou a promoción de ascenso no exercicio 2009-10.

CapturaNa 2010-11 chegou o descenso do equipo. En tres das catro campañas despois do retorno á Segunda B, o PCF coqueteou cos primeiros (mesmo disputou unha promoción), pero nunca alcanzou o liderado.

Este domingo completouse a xornada inicial. Ademais dos triunfos do Pontevedra e o Sanse, comezaron con triunfo algúns dos favoritos, a priori, como o Atlético Baleares, que venceu a domicilio contra o Langreo (0-1); o Atlético de Madrid B (1-2 contra o Marino de Luanco); ou o Rayo Majadahonda (1-0 perante o Sporting B. O Melilla tamén se impuxo, no seu feudo, perante o Getafe B (1-0).

O Castilla empatou contra o Las Rozas (1-1) e o Celta B contra o Internacional de Madrid (2-2). O Peña Deportiva bateu ao Oviedo Vetusta (4-3) no seu regreso á categoría. De tal maneira, pechan a táboa clasificatoria dous equipos galegos, o Racing de Ferrol e o Coruxo.

Más en Deporte Local Pontevedra
Comentarios