Unha liga feita para fracasar

Ata 18 aspirantes ao ascenso a Segunda División ou á nova Primeira RFEF, contra as cordas no novo formato de competición ► O Marbella e o Numancia, sétimos, coma o Pontevedra
Os xogadores do Deportivo e do Pontevedra discuten nno partidoda primeira volta de Pasarón. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera Os xogadores do Deportivo e do Pontevedra discuten no partido da primeira volta en Pasarón. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

O Pontevedra e o Deportivo de La Coruña pelexarán o domingo en Riazor por eludir unha das catro prazas que obrigarán a loitar pola permanencia na segunda fase.

Sería unha fatal consecuencia para unha temporada que se lles torceu a ámbolos dous conxuntos e que os coloca en serio risco de fracaso. Confeccionados coa meta de disputar a Primeira División RFEF o Pontevedra e o play off de ascenso a Segunda División os herculinos, atópanse moi lonxe do destino que os dous se propuxeron. Só os coruñeses conservan algunha opción de meterse nos tres primeiros postos que darían dereito a disputar a promoción polo ascenso, aínda que para iso non só dependen dos seus resultados.

O Deportivo e o Pontevedra pasaron de ser favoritos a enfrontarse ao obxectivo de evitar o grupo pola permanencia

O Deportivo e o Pontevedra son a punta do iceberg dunha Segunda B especialista en destruir soños e fabricar fracasos, que acrecentou o seu poder devastador no seu último ano de existencia mercede a un formato que reduciu a marxe de erro e incrementou a presión sobre os conxuntos.

Aínda que haxa moitos favoritos que están a cumprir coas expectativas (por fin o Burgos, a Cultural Leonesa, o Hércules, o Andorra, o Ibiza, o Badajoz, o Rayo Majadahonda, o Barcelona B...), moitos outros están a chocar cun estilo de competición realmente esixente que deixa pouco espazo para correxir erros ou para a marxe de mellora e crecemento ao longo da competición.

Entre eles, os catro mellores orzamentos do grupo 1-A: os citados Pontevedra e Deportivo, claros favoritos ao principio de curso a ser campións de grupo, o Racing de Ferrol (cuarto agora mesmo e único que depende del para ascender directamente a Primeira RFEF) e o Salamanca, que pelexará pola permanencia.

No grupo 1-B están a cumprir dous dos tres favoritos claros a ocupar os tres primeiros postos: o Burgos e a Cultural Leonesa. Pero non o está a facer o Numancia, sétimo, con un partido menos.

Un histórico como o Racing de Santander, dos dez equipos fundadores da Liga de Primeira División, estivo moi apurado durante moitas xornadas. Agora é cuarto, e está mergullado na loita polos tres primeiros lugares. O Barakaldo, líder histórico da Segunda B, ocupa postos de descenso e terá moi complicado non caer á Terceira RFEF (quinta clasificación en orde).

O grupo 3 mantén certa lóxica, pero hai tanto nivel que non hai espazo para todos entre os mellores. Por iso, un conxunto que estivo preto do ascenso a Segunda o ano pasado, o Cornellà, está oitavo, e o Lleida, sexto.

Sen dúbida, chama a atención que o Marbella, favorito do grupo Sur, sexa sétimo no grupo 4-A e que o Recreativo de Huelva estea oitavo. Non menos o fai que o Atlético Baleares, tras dous anos preto de subir a Segunda, estea fóra do trío de cabeza no grupo 5-A.

Comentarios