lunes. 20.09.2021 |
El tiempo
lunes. 20.09.2021
El tiempo

A Lúa de Forza brilla na final da Liga Atlántica de Billarda

undefined
Imaxe dalgún dos gañadores. CEDIDAS
O equipo sanxenxino foi o gran triunfador da Final da Liga Atlántica de Billarda

O Lúa de Forza foi o gran triunfador da Final da Liga Atlántica de Billarda disputada no Campo de Nantes. O conxunto sanxenxino fixo bo o coñecemento do seu feudo para obter o título por equipos, o individual absoluto e o individual feminino. Xan e Lu foron os protagonistas no apartado individual nunha xornada que non defraudou ás ducias de competidores que se deron cita nas Rías Baixas.

Xan foi o mellor da proba absoluta, na que houbo emoción ata o golpe final. A habilidade do sanxenxino converteuno en profeta na súa terra, por diante de Iván, Tania e Collazo, que por esa orde ocuparon as prazas de honra da gran final do certame absoluto.

undefined

Na categoría feminina, Lu, de Lúa de Forza, levou o gato á auga por diante de Adriana de Valpaços Terra Quente. María Caride ficou na terceira posición, mentres que o cuarto lugar acabou sendo para Elena.

Na categoría feminina competiron 15 mulleres, con superioridade numérica da Conferencia Rías Baixas. A gran sorpresa foi a derrota nos cruces de Tania, de Valpaços, unha das mellores palanadoras da competición.

Despois da emoción rutinaria dos grupos na competición absoluta, os cruces depararon algunhas emocións fortes, En oitavos de final filtrouse unha das grandes promesas da billarda galega, Xián, alcumado o Raio Verde, que á súa curta idade pelexa xa cos especialistas máis experimentados.

Xián caeu no golpe de desempate despois de poñer contras as cordas a Collazo, que á postre sería finalista.

undefined

Nos cuartos de final quedou fóra do camiño cara o título un dos máis carismáticos xogadores do torneo, o mexicano de Bueu Charri, a mans do propio Collazo, unha das mellores individualidades do Norte, que non fixo vítimas inocentes no seu camiño.

Tamén nesa rolda se produciu a gran sorpresa da eliminación de Daniel de Rinoceronte por obra de Tania. A propia Tania estivo a piques de sorprender aos seus adversarios cun comezo arrollador da final. Xan tomou a dianteira a partir do terceiro golpe e tivo nervos de aceiro para evitar a presión de Iván e obter o título, o que ademais axudou a que Lúa de Forza se impuxese por equipos, por diante de Campo da Feira de Paiosaco e de Rinoceronte de Pontevedra.

A Lúa de Forza brilla na final da Liga Atlántica de Billarda
Comentarios
ç