Luisito: "Non estou contento. Non me deixo levar polo resultado"

El preparador teense se mostró contrariado por el mal inicio de partido de su equipo ante el Somozas
El entrenador granate, Luisito
photo_camera El entrenador granate, Luisito

Al acabar el partido, Luisito dejó claro que "non estou contento, non. Non me deixo levar só polo resultado", expresó antes de reconocer que sus jugadores, cuando menos, mostraron coraje. "Ao final vencemos porque, se algo teñen os meus equipos é que non se renden nunca. Poden xogar ben, mal ou regular, pero os futbolistas sempre se entregan e iso non se lles pode discutir, pero polo xogo non estou nada satisfeito".

"Tivemos unha reacción dun equipo grande. Empezando 0-2, o normal tería sido acabar perdendo por goleada"

En esa línea, el preparador teense resumió el duelo en un par de preguntas retóricas con respuesta implícita y una réplica. "Que remontamos? Son o home máis feliz do mundo; que levamos oito de oito na casa? Son o home máis feliz do mundo. Pero quero gañar xogando ben. Por iso non podo estar contento. A min non me chega só co triunfo, ao contrario do que moitos xornalistas cren", expresó.

Siguiendo con su argumentación, reconoció que temía que sucediese algo como lo que acabó ocurriendo.

"Estes partidos son partidos trampa. Se o digo antes de xogar, sei o que pasaría, que me chamarían chorón. Gústame sempre respectar aos rivais. Respectei ao Somozas igual cá Cultural Leonesa o domingo pasado. A única diferenza é que a semana pasada saímos ao 200 por cento e o rival superounos, porque está un paso ou dous por diante do resto. E hoxe os futbolistas non saíron enchufados e houbo erros individuais imperdoables. Iso si, ollo, o primeiro culpable é o adestrador", matizó.

"Co 3-2 volveu pasar o mesmo do inicio, pero non podía entrar eu nin trocar máis futbolistas. Houbo momentos nos que, se puidese, faría dez cambios"

Para dejar claro que piensa que el adversario era más peligroso de lo que indica su clasificación, Luisito recordó que "o Somozas foi quen de facerlle fronte á Cultural en León, de gañar en Tudela e sacou máis puntos ca nós fóra da casa. Iso di que un equipo está vivo. E ten moi bos futbolistas. Iván Pérez é dos mellores a balón parado da categoría e Baleato domina o xogo aéreo coma poucos".

En cualquier caso, el técnico teense valoró la remontada en su justa medida. "Tivemos unha reacción dun equipo grande. Empezando con 0-2, o normal tería sido acabar perdendo por goleada".

"Os xogadores saben que estou enfadado. Cometemos erros de equipo que está en descenso directo e non nolo podemos permitir"

Y cuando el Pontevedra lo logró, "volveu pasar o mesmo do inicio. E non podía facer máis. Non podía entrar eu, nin trocar máis futbolistas, porque o árbitro non me deixaba. Houbo momentos nos que, se puidese, faría dez cambios, pero non se pode".

Por eso apeló al trabajo para seguir progresando. "Se puidese adestrar doce horas diarias, faríao". A pesar de ello, realizó una reflexión positiva. "Miren os equipos que hai debaixo do Pontevedra na táboa. Iso é un mérito tremendo, pero non me conformo con nada, nin sequera con facer oito de oito na casa".

Y quiso enviar un aviso a navegantes. "Se repetimos isto en Coruxo, imos perder. Os xogadores saben que estou enfadado. Cometemos erros de equipo que está en descenso directo. E non nolo podemos permitir".

Stili: "Puxémonos por diante con moita claridade demasiado rápido"


El entrenador del Somozas, Stili, considera que el 0-2 en el minuto 15 acabó penalizando a su equipo. "Puxémonos por diante con moita claridade demasiado rápido. Sabía que iamos sufrir. Prefería estar 0-1, porque a nivel emocional, cando a distancia é moi grande, baixas".

El técnico somocense reconoció que "pecamos de falta de contundencia defensiva". También lamentó que "non sentenciamos, non marcamos ocasións moi claras".

Stili cree que su equipo irá a más a pesar de su dinámica. "Na vida hai dous tipos de persoas ante o sufrimento: as que toman un Valium para deixar de sufrir e as que queren sufrir e medrar no sufrimento. Creo que o noso equipo forma parte do segundo grupo".

Comentarios