En Marcón, desde os nenos para os nenos

► O CEIP da parroquia organiza unha carreira solidaria en favor de Save the Children
Os escolares posando nas bancadas do colexio. CEDIDA
photo_camera Os escolares posando nas bancadas do colexio. CEDIDA

Alumnos, pais, nais e mestres participaron o venres na Carreira Solidaria a favor de Save the Children organizada polo CEIP de Marcón.

Escolares de tódalas idades, xunto cos seus proxenitores, ademais do persoal do centro estiveron presentes nunha cita que se desenvolveu dentro do recinto escolar.

Un momento antes de la carrera. CEDIDA
Un momento antes de la carrera. CEDIDA

O colexio de Marcón agrégase desa maneira a unha iniciativa que organiza e promove a ONG desde hai anos en colaboración cos colexios na procura de sensibilizar e recoller recursos para os seus fins solidarios.

Durante preto de dúas horas, os participantes puideron gozar dunha actividade sen un gran afán competitivo, cun compoñente máis lúdico e social e no que os miúdos puideron compartir tempo cos seus pais.

Un momento antes de la carrera. CEDIDA
Un momento antes de la carrera. CEDIDA

Ademais da cooperación con Save the Children, a dirección do centro pretendía coa medida promover os hábitos saudables entre os máis novos, poñendo en valor a actividade física dentro do modo de vida dunha sociedade cada vez máis ameazada polo sedentarismo. Por outra parte, a acción axudou a favorecer a relación entre a familia e o centro no labor educativo dos estudantes. Igualmente, fai énfase na competencia cidadá, o desenvolvemento dos valores de respecto e convivencia e a participación de feito pleno na vida social, cunha perspectiva de compromiso e sostibilidade.

Os participantes, nunha cifra próximo aos dous centos entre os tres estamentos que tomaron parte nela, compúñase de dous circuítos. Por unha parte, o alumnado de infantil e o seu profesorado e familias e por outro o alumnado de primaria e o seu profesorado e familias. A participación era voluntaria, ao igual que a achega económica, destinada integramente a Save the Children.

Más en Deporte Local Pontevedra
Comentarios